"CAIXAS: QUINTA OPCIÓN", ARTIGO DE XAVIER VENCE
Sen dúbida ningunha, Xavier Vence é un dos economistas máis sobranceiros do País, ao tempo que un dos mellores analistas que podemos atopar nos medios galegos. A súa claridade e posición definida péchalle ás veces portas nos grandes altofalantes do sistema, mais é funcións dos outros, aproveitando as oportunidades da rede, espallar as claves que nos achega en cada un dos temas de maior interese para o País. A seguir reproducimos o seu último artigo, publicado en Xornal.com no que analiza a actualidade do debate que xira arredor das Caixas de Aforro galegas e no que se está a evitar sistematicamente o verdadeiro fondo da cuestión.
"Caixas: quinta opción"
Nos últimos tempos a maquinaria do poder habelenciosamente administrado pola gran banca está construíndo un gran consenso entre o Goberno e PP, cuxa man executora é o Banco de España. Por detrás do ruído de Gürtel, Alakrana e outras mascaradas que entreteñen a cidadanía cun espectáculo de batalla política aparentemente sanguinaria, estamos asistindo en realidade ao máis grande consenso –ou confabulación– no asuntos que realmente afectan ao reparto da crise e á marcha da nosa sociedade a medio e longo prazo. O consenso na aprobación do FROB e as axudas á banca non son máis que o botón de mostra dun consenso que abrangue a vital Lei de comercio interior, as leis “paraguas” e “omnibus” de Servizos (transposición da directiva Bolkestein: ¿alguén se enterou do seu debate?), que arrasan as competencias autonómicas e poñen os mercados a disposicón das grandes empresas e cadeas comerciais; a supresión do imposto do patrimonio; a cuase supresión do imposto de transmisión e sucesións; a lei de participación do capital privado nas infraestruturas e servizos públicos; etc.
A estas alturas está bastante claro que o obxectivo do vapuleo ás caixas non é un problema técnico senón un gran consenso –mal disimulado– do poder financeiro e os partidos centrais para redeseñar o sistema financeiro nun triple sentido: a) Sacar ás CC AA do medio inhabilitando de facto a súa xurisdicción sobre as caixas; b) Recortar a implantación das caixas para reducir o seu protagonismo e devolverlle espazo e negocio á banca; e c) A medio prazo converter as caixas en entidades con accionistas e reparto de dividendos, abrindo novas oportunidades para a banca. Pobre e miserable papel é o que lles toca ás franquicias dos dous partidos estatais para xustificar o inxustificábel.
En vez de dicir iso con claridade proclámase a indemostrada necesidade de fusionar caixas como un axioma, na mellor tradición tatcheriana: there is not alternative. Primeira trampa, non se demostra a inviabilidade das caixas por separado. Segunda trampa, todas deben fusionar para ser “alguén” no mapa español pero, ¿por que a escala ten que ser a española?. O éxito do sistema alemán asenta sobre as súas profundas raíces “rexionais” e non saen a competir fora. Terceira trampa, na medida en que algunhas entran no xogo “forzan” ás demais a seguir a mesma senda.
O certo é que diante da vertixe dese movemento browniano as opcións que están en xogo en Galicia parecen ser catro: seguir como agora, fusión intragalega, absorción extragalega ou SIP. Ninguén foi quen até agora de demostrar que a primeira non sexa a que mellor responde aos intereses da nosa economía produtiva e do país. Pensando na fortaleza do noso sistema financeiro é bastante claro que iso é o que máis interesa aos aforradores, aos demandantes de crédito e ás nosas pemes, como veño insistindo nos últimos meses. Nunha axeitada xestión de escalas está a fortaleza dun sistema, cunha verdadeira malla de entidades. Desde logo, non hai un “sistema galego” cunha “única” entidade galega e menos sen ningunha.
Se a desculpa fose que unha das entidades non é viábel en solitario entón aínda temos unha quinta opción: mudar a equipa directiva, desfacer posicións e aumentar o “core capital” con cotas participativas subscritas pola Xunta de Galiza e as Deputacións. Unha solución á alemana.


Chúzao
del.icio.us
Vén sendo o mes de Nadal dos últimos anos un tempo de mobilización e exemplo de auto-organización popular en Galiza. Dende o ano 2005 o deporte era motivo de axitación e identificación dun pobo coas súas cores con motivo dos encontros das Seleccións Nacionais de Fútbol, tanto masculina como feminina. Mais xa a comezos de mes, a plataforma independentista Causa Galiza vén dende hai uns anos chamando á mobilización coincidindo co aniversario da Constitución Española de 1978. Este ano, co PP na Xunta, volveron os tempos de negación dos nosos dereitos nacionais no eido deportivo.
non se rende ante a desprezábel actitude dos novos gobernantes galegos e demais asoballados que ao seu redor lles bican os pés. O colectivo que tradicionalmente vén organizando e impulsando o seguimento nas bancadas dos equipos nacionais galegos, Siareir@s Galeg@s anuncia que está a traballar na organización dun encontro entre futbolistas galegos non profesionais e un combinado estranxeiro doutros que militan en equipas do País. Celebrando asembleas abertas por toda a xeografía galega e poñendo a traballar esa maquinaria imparábel que é a vontade do pobo, o 26 de Nadal no Campo de Santa Isabel (Compostela) habemos ter a verdadeira esencia das reivindicacións de oficialidade que sempre é o obxectivo no horizonte. Contra todas as dificultades e sen axuda ningunha, e coa colaboración dos propios futbolistas, celebrarase o xogo que será o outro acto do día; ademais da manifestación nacional polas rúas de Compostela. Habemos seguir atentos aos preparativos e novidades que se vaian coñecendo de aquí á data en cuestión.
Superado o cumio das alertas por crise que o propio capitalismo se encargou de lanzar, facendo de voceiro de si mesmo, é tempo de repensar cal será o escenario que se nos presente cando estes anos de dificultade sexan xa pasado e comecen a albiscarse de novo os ventos de medra. En Galiza, contaminados polo debate impulsado dende Madrid, andas os que gobernan e mailos seus opinadores ás voltas co novo panorama financeiro. O debate arredor da fusión das caixas de aforro galegas leva semanas sen faltar á súa cita en xornais, radios televisións e calquera faladoiro que nos queira alumear.
agochalo. O BNG ten apostado por manter o centro de decisión da nova caixa (dando por feito unha fusión-integración-absorción) en Galiza, tampouco o seu discurso tería máis marxe. Doutra banda están PSOE e PP, agardando a que sexa o outro quen primeiro se pronuncie para tecer un discurso en función diso. Ningún dos dous ten autonomía ningunha como para expresar unha opinión firme pensando no que eles considerarían os intereses do País, xa que non lles interesan e a súa única preocupación é non desmarcarse dos ditados de “Madrid”. Están sometidos ao que decidan alá e a súa función será traballar na xustificación do que as súas respectivas organizacións digan, para presentárnola. Son simples delegacións de ocupación, mensaxeiros inútiles que fan un importante dano precisamente pola súa inutilidade.
Un dos asuntos nos que se sostén a actualidade informativa dende hai xa mes e medio é o secuestro do atuneiro “Alakrana”, no que mariñeiros galegos permanecen retidos polos que
castigada e perseguida por unha Xustiza que se considera que está para facelas valer. Unha mostra máis do atraso e das carencias democráticas que loce este Estado.
O exemplo de
É aínda feble a cultura política no Estado Español, non hai nada da suposta consolidación da Democracia e foi, por suposto, falsa a chamada Transición. Poderíamos citar ducias de exemplos que avalaran estas afirmacións, mais abonda con lembrar as máis recorrentes, como pode ser o sistema electoral, a Lei de Partidos, o bipartidismo esaxerado, a utilización dos medios públicos e o aproveitamento das institucións públicas para o enriquecemento privado. Esta última precisamente asolaga a actualidade política nas últimas semanas, a corrupción é un feito evidente e que está aí, case socialmente aceptado e oficializado precisamente por esa feble cultura política á que nos referiamos. Case resignada, a cidadanía ten como algo habitual que os dirixentes políticos poidan enriquecerse no exercicio da súa función pública.
e viso con normalidade pola poboación. A indefensión legal demóstrase porque aquí, ao contrario ca noutros delitos, si existe a presunción de inocencia e a demostración das irregularidades tórnase ás veces custosa por tratarse dunha loita desigual entre quen pode usar os recursos públicos dunha administración para defenderse. En Galiza, os concellos da costeiros especialmente foron nos últimos anos o reflexo das macrotramas dos municipios do Mediterráneo. A xerencia de urbanismo era o asento máis cobizado, as promotoras inmobiliarias e as construtoras experimentaron espectaculares medras de beneficios da noite á mañá. Así, chegado o declive do modelo económico, estas foron tamén as que primeiro quebraron. A corrupción asociada ao urbanismo e aos negocios inmobiliarios é posibelmente a estrela das manobras escuras institucionais. Concelleiros, alcaldes, construtores e donos de inmobiliarias confúndese en multitude de ocasións detrás de árbores xenealóxicos que moitas veces nos descobren parentescos sospeitosos, intereses familiares e mesmo á unha soa persoa á fronte de adxudicacións, licitacións e construcións de grandes obras. Curiosamente.
