DAS SAGRADAS ESCRITURAS
A globalidade na que estamos inmersos permítenos coñecer ao momento feitos que acontecen, se cadra preto de nós, pero que por teren carácter de “anécdota local” non sobrepasarían a esa fronteira para converterse en algo de comentario xeral. De novo, a nosa lingua recibe un outro ataque máis desa caste fascista e acomplexada que aínda pulula entre nós. Referímonos agora ao caso dun cura rural (da parroquia de Vedra) que aproveita a folla parroquial para facer apoloxía do terrorismo lingüístico que aposta pola eliminación do noso idioma nacional.


Chúzao
del.icio.us
Vimos repetindo dende fai días, sen facer máis ca expresar o sentir da sociedade, que a situación achégase a un punto de insostibilidade que lle pode dar carácter de imprevisíbel aos acontecementos. A crise pode derivar en ninguén sabe ben qué. As folga do transporte, o amarre da flota, o desorbitado prezo dos combustíbeis, o previsíbel desabastecemento dos mercados… perigo! A resposta dos gobernantes ten dúas caras: pasividade e violencia, malia que pareza incoherente e contraditorio, son capaces disto e de moito máis.
Un dos conflitos que seguen vivos no país é o de Serrabal. Hoxe vivimos un novo capítulo de resistencia de traballadores en defensa dos seus postos de traballo. Esta mesma mañá, un cento de traballadores concentrábanse en Boqueixón para impedir o acceso dos técnicos do ADIF (de novo o organismo público español no eixo dos problemas) á mina co obxecto de dar comezo ao trazado do TAV.
É tempo de revolta no agro galego. A situación achégase cada vez máis á insostibilidade e comeza a ser crítica no sector leiteiro. As promesas de revitalización do rural feitas polo Goberno Galego levan o mesmo camiño que comezara a Xunta de Fraga: a desaparición. Esta mañá Compostela acolleu unha contundente manifestación que deixa ben ás claras que o agro galego non vai aceptar máis pasividade e políticas exterminadoras dos gobernantes. O que está en xogo é o futuro.

