Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: NACIONAL

HAI QUE DETER ISTO!!

augasceives 15/01/2008 @ 19:28

 Hai só uns días faciamos referencia ao tráxico comezo de ano que se estaba a dar en Galiza no tocante a sinistros no mar. Bueu, O Vicedo, Doniños... Hoxe recibiamos outro duro golpe: "O Cordeiro"  (barco con base en Ribeira) naufragaba a 20 millas de Cabo Prior. O corpo dun mariñeiro galego foi xa rescatado sen vida xunto a outros tres que puideron chegar sans a terra, pero catro continúan arestora desaparecidos. Véñennos á mente outros tráxicos accidentes, como o do Bahía no 2004 ou o do Siempre Casina en 2005 e non podemos senón preguntarnos quen está a facer realmente algo para deter isto.

Ler máis »

NON NOS ENTENDEN, NON

augasceives 14/01/2008 @ 13:49
bancada-siareirs-galegs-en-compostela.jpgO españolismo mais rancio volta de novo as portadas da imprensa empresarial co que deron en chamar "operación himno", último invento que serve pa tensar mais a corda logo das demostacións de forza e paixón popular que respaldaron ás seleccións nacionais galega, vasca e catalana e que serve pa voltar a mostrar, coma ven sendo habitual, a verdadeira face que se agocha detrás das máscaras dos democrátas españois.

Ler máis »

COMBATE DENDE A TERRA

augasceives 14/01/2008 @ 12:50

AMI comeza unha campaña co fin de alertar sobre a continua marcha dos nosos xóvenes detrás de contratos laborais a Madrid ou as Canarias. Intentan concienciar  á xuventude galega e facer que non nos esquenzamos, mais unha vez, de quenes seguen a vender discursos progres e éxecutan políticas neoliberias, dos que cultivan a Cultura dun País sementando millóns de cemento no Gaiás ou dos que consinten que sigamos a ser unha Terra asoballada. 

Ler máis »

DESPREZO

augasceives 09/01/2008 @ 10:30

naufraxios.jpg Nestes primeiros días do 2008 seguimos a lamentar mais mortes no mar. Logo do simulacro de paz e felicidade o que cada ano polas datas que acabamos de viver estamos obrigados a cumprir dámonos de fronte coa dura realidade a que este País se ten que afacer. As explicacións céntranse en culpabilizar os mariñeiros que perden a vida no seu traballo. Nunca se ten en conta o elevado risco que supón a sua profesión, está claro que o seu medio de vida está lonxe de desactivar minas ou “colaborar” na reconstrución dun pais ¿? Porén endexamais se gardará un minuto de silencio, nen se pedirán dimisións, nen haberá homenaxes que recorden a sua labor, nen se porá en funcionamento todo ese circo que acapara portadas, columnas, informativos, campañas elitorais… porque a sua morte nesta democracia non vale nada. Benaventurada democracia.

Ler máis »

SEGUIMOS EN PÉ

augasceives 08/01/2008 @ 15:24

Pouco ou case nada arranxou este novo ano. Tampouco era de agardar que o 2008 trouxera solucións e levara os problemas do 2007, pero o tempo segue pasando e o que os dirixentes políticos non quixeron solucionar no pasado non parece que o vaian facer sen non atopan en fronte a loita popular continua. O ano que vén de rematar ha ser lembrado, moi especialmente polo norte, pola consolidación da bomba gaseira na Ría de Ferrol e a conseguinte ameaza para a veciñanza e o medio natural.

Ler máis »

7 DE XANEIRO

augasceives 07/01/2008 @ 17:58

CastelaoO sete de xaneiro é unha desas datas que deberían ser conmemoradas en Galiza como "referentes", no canto doutras impostas e alleas como o 12 de outubro ou o 6 de decembro. O sete de xaneiro de 1950, fai hoxe 58 anos, falecía un dos persoeiros máis salientábeis e influíntes da NACIÓN, con maiúsculas.

Ler máis »

27-D: SOMOS UMHA NAÇOM. OFICIALIDADE

augasceives 26/12/2007 @ 08:31

oficialidade.jpgCon unha gran mobilización nacional Siareir@s Galeg@s porá o peche a un ano cargado de actividades que reforzaron a defensa da Oficialidade. Especialmente nestas últimas datas na que as seleccións nacionais tanto as masculinas coma a feminina(no seu estreo) desputarán os seus respectivos encontros amigábeis, o colectivo que leva dez anos de loita por Galiza convoca, coma nos dous anos anteriores, a manifestación nacional que sairá das Travesas as 20.15h. baixo o lema: SOMOS UMHA NAÇOM. OFICIALIDADE

Ler máis »

OBXECTIVO: OFICIALIDADE

augasceives 21/12/2007 @ 09:40
siareirs-galegs.jpgContinua a táctica fascista de criminalizar a todo colectivo que defenda anceios de liberdade para os seus pobos. Desta vez o branco de todo o lixo que están verter está a ser SS.GG, colectivo espallado por todo o país e que se asenta en mais de dez asembleas comarcais que estes días, a pesar da intoxicación  dos medios de desinformación, están a traballar arreo dende as suas áreas de actuación pa recordarlle a todo o mundo que o obxectivo final é a oficialiade.

Ler máis »

CRIMINALIZACIÓN

augasceives 16/12/2007 @ 14:47

A detención nos últimos días de tres mozos en Portosín, aos que se lle incautou diverso material e artefactos explosivos, está a servir de argumento para as máis disparatadas ocurrencias da imprensa empresarial e para que as institucións gaben os métodos represivos das Forzas de Seguridade do Estado. Pero sobre todo, está a ser utilizada para criminalizar a todo o movemento independentista galego, parte do cal xa amosou a súa solidaridade cos detidos mediante concentracións.

Ler máis »

MAIS MOBILIZACIÓNS

augasceives 14/12/2007 @ 13:10

os-tres-do-eixo-antes-de-entrar-en-teixeiro.jpgNon para a Galiza combatente de sair a rua un outro fin de semana mais na procura da conquista dos anceios polos que están a luitar. Seguen en pé coa campaña a prol do indulto para os tres do Eixo que teñen diferentes actividades para este fin de semana, tamén a rede A ría non se vende que agrupa a diferentes colectivos sociais e ecoloxistas da comarca de Vigo concentrarase este sábado pa facer frente o PXOM vigués.

Ler máis »