DEBATER SOBRE O DEBATE
Alberte Outeiro envianos este artigo no que experimenta unha nova sensación, a de concordar con Alberte Núñez Feijóo. Está visto que o circo electoral pode acadar niveis de impacto na mente humana descoñecidos até o de agora.
Causa arrepíos na parella gobernante a decisión de Feijóo de non aceptar o debate a tres bandas que trataron de imporlle. Por unha vez, e sen que sirva de precedente, concordaremos co candidato Alberto unicamente dende un punto de vista de estratexia electoral, iso si. Trataremos de explicalo.
Antes, dicir que o que a nós nos causa arrepíos desta democracia é a desigualdade, en todas as súas formas e aparicións xa sobradamente comentadas. Que a televisión pública galega fomente como o fai o tripartidismo, coute a pluralidade e non atenda absolutamente nada a outras opcións fóra das que contan con representación parlamentar. Iso si que é, como gusta dicir “O Presidente” arrebatar un dereito fundamental da cidadanía: o de coñecer en igualdade de condicións a todas as opcións polas que se pode decantar. Corre o risco esta afirmación de ser cualificada como fondamente inxenua, mais non por iso se é de esquecer.
O que pretendían a TVG, Emilio Pérez e Anxo Quintana era nin máis nin menos que representar unha función de acoso e derrube do candidato do PP. Un dous contra un no que eses “dous” tería o dobre de tempo ca o “un” para atacalo, cun pacto de non agresión polo medio. O coello Feijóo fuxiu áxil dos cazadores que o agardaban como se foran reis cazando osos bébedos…
O PP propuña un cara a cara entre cada un dos tres candidatos maioritarios como condición para que el aceptara o debate a tres. Iso tamén sería parte do dereito da cidadanía ao que tanto se refire Touriño, a sociedade debe ter a oportunidade de ver un cara a cara tamén entre a parella gobernante, que é do que fuxen BNG e PSOE. É obscena a demagoxia do PSOE neste tema, sabe das extremadas limitacións do seu líder e busca un debate no que poder acosar a Feijóo mediante “a alianza”, pero sabe que en solitario podería ser dialecticamente mallado por cada un dos outros dous. Moito máis cando case como un resorte, Touriño di publicamente que el tampouco irá ao debate se non vai Feijóo. O candidato do PSOE tamén se negou a debater!
Non estamos acostumados a esta sensación de non indignarnos por unha decisión que toma o PP, mais estamos a experimentala apreciando os altísimos graos de ridículo que poden acadar os que pretenden representarnos.


Chúzao
del.icio.us
democrático, independentemente de quen sexa o que o dirixe. Con todo, fronte ao discurso único e cun aparello mediático e publicitario esmagador, as formacións abertzales seguían a obter resultados salientábeis nas distintas eleccións que se celebraban na C.A.V. e mesmo en Nafarroa.
uniformización e non se dubida en empregar a forza, as armas e a lei da guerra; mais tamén se empregan outros métodos, máis sutís pero igual de efectivos. Estamos na sociedade da imaxe, da publicidade, do adoutrinamento a golpe de imposición mediática. Fotos e grandes declaracións para suplir o baleiro de ideas, cero diferenzas ideolóxicas para botarse ás mans do indiscutíbel sistema.
Obama son as que fan referencia a que “o primeiro que fará” será pechar Guantánamo, unha vergoña da humanidade que precisa de urxente solución. Entrará con bo pé se é certo, máis non abondará.
do mes que vén, nin moito menos para perseguir aos “terroristas” de Hamas, como di a versión oficial que o indignadísimo embaixador israelí repite unha e outra vez furioso por ser o seu Estado comparado cos máis violentos nazis. Gaza está a servir para probar novas armas, novas formas de matar. Ás xa coñecidas –e prohibidas- bombas de acio, fósforo, uranio, etc. o exército sionista engade un material mortífero e enormemente destrutivo: o coñecido como DIME. Son as siglas de Explosivos de Metal Inerte Denso na súa forma inglesa. Segundo contan expertos desprazados á zona, unha mestura de elemento explosivo e químico dunha elevadísima eficacia. Posto que confirmacións ao respecto sobre este tipo de novas non se chegarán a recoñecer de xeito oficial, non existirá debate en torno a isto. Aínda que visto doutro xeito, parece superficial e até cínico que se debata a forma de matar ou bombardear como queréndolle dar lexitimidade a unhas armas si e a outras non.
(masculino e feminino) como noutras especialidades malia ser este deporte o de maior repercusión. As bancadas esixen a oficialidade, o dereito a participar en igualdade de condicións nos terreos de xogo, o dereito a sermos recoñecidos como pobo tamén no eido deportivo. Alén dos pasos que se van dando dende os despachos, o tecido social que se move constitúe toda unha maquinaria que non se conforma cun encontro por cada Nadal fronte a outro combinado que se achega a Galiza sen motivación ningunha e tan só por un contrato asinado do que se benefician os dirixentes. A resposta social deixa ben ás claras que o percorrido debe levar ao recoñecemento oficial a nivel internacional dos nosos equipos nacionais en todas as modalidades deportivas. Os masivos desprazamentos e a necesidade de celebrar os partidos nos estadios de maior capacidade do País sosteñen esta idea.
todo país para preparar todos os actos da xornada. Uns actos que non se limitan só á festa e a ver o xogo, senón a converter o día nunha referencia máis no camiño cara a oficialidade.
