Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: PRESENTACIÓN

NOVIDADES

augasceives 13/05/2008 @ 17:56

Logo de máis dun ano na rede, AugasCeives pode presumir fachendoso de ter chegado a ser un dos referentes de información de Galiza máis independentes e libres de entre os que se poden atopar entre os dixitais con menos posibilidades. Están sempre presentes as dificultades de manter unha completa cobertura de todo o territorio nacional e consideramos que a oferta queda moitas veces coxa. Ben é certo que non nos debemos a ninguén, polo que isto é máis unha incomodidade persoal ca un compromiso con terceiros.

Dende a comarca de Caldas estivemos atentos a todo canto ía acontecendo no país e podía ser relevante para o interese social. Desgrazadamente, un dos nosos referentes informativos foi ter que dar conta de ataques á nosa terra e a destrución da nosa paisaxe por parte dos especuladores e políticos cuxo único guieiro é o diñeiro. Ben é certo que non faltamos tampouco ás mobilizacións sociais precisamente en pé contra esas ameazas.

Dende esa independencia que nos vén caracterizando, decidimos agora darlle outravolta a este proxecto de AugasCeives. Estamos a piques de parir unha nova criatura e ampliar así a rede de información dende a óptica que caracterizou sempre esta fiestra.

AugasCeives vai seguir vivo, aínda que quizais menos activo e nutríndose maiormente de opinión. Non por iso vai perder o fío do máis importante que aconteza no país. A meirande parte dos esforzos han concentrase agora na nova peza do aparello AugasCeives: unha versión comarcal co protagonismo de Caldas de Reis, Catoira, Cuntis, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga. Esta volta aos comezos non é nin moito menos un retroceso, senón un anceio de pórlle voz á realidade das nosas terras e facelas protagonistas. En vindeiras datas habemos de ir achegando máis novidades até presentar definitivamente o noso novo voceiro.

Un saúdo.

AugasCeives 2.0

augasceives 17/10/2007 @ 18:51


Estamos ultimando distintos detalles técnicos así como de deseño, para mellorar AugasCeives e darlle un novo impulso. É por isto que o nivel de actualización minguou nos últimos días pero agardamos que axiña poida voltar ao habitual incluíndo algunhas novidades e novas achegas.

O NOVO AUGASCEIVES

augasceives 04/06/2007 @ 01:05


Logo duns meses na rede, logo duns rexistros de visitas máis ca aceptábeis e sorprendentes para nós, logo de darlle unha volta á información comarcal, logo de ofrecer esoutra visión que non atopamos na imprensa empresarial, logo de contar o que os e as profesionais non se atreven a publicar ou non lles deixan escribir, logo de publicar opinións que non atopan oco nos subvencionados...

Ler máis »

NACE O NOVO XORNAL DIXITAL E INDEPENDENTE DAS RIBEIRAS DO UMIA

augasceives 28/03/2007 @ 20:50

AUGAS CEIVESNace AugasCeives. Pretende ser un espazo de información alternativa das beiras do Umia caldense. Sen ataduras nin intereses empresariais, unha visión da realidade dende a óptica social galega e allea aos tópicos da imprensa que coñecemos.

Ler máis »