Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: SOCIAL

18 DE MAIO

augasceives 16/05/2008 @ 19:43

Lonxe dos actos publicitarios que o Día das Letras Galegas lles inspira aos nosos gobernantes, o vindeiro domingo o pobo galego vai saír á rúa en defensa da súa lingua. En defensa dos seus dereitos, POLO DEREITO A VIVIRMOS EN GALEGO! Será ás doce da mañá na Alameda da Capital de Galiza.

Ler máis »

17 DE MAIO

augasceives 16/05/2008 @ 19:24

Como cada ano, o mes de maio énchese de letras. Xira arredor do día 17, o Día das Letras Galegas. Como cada ano, unha figura da nosa literatura é homenaxeada e promociónase de xeito intenso a súa vida e obra. Ten especial importancia a actividade nos centros de ensino, que polo xeral adoitan programar unhas semanas previas bastante intensas en canto a actividades relacionadas coa promoción do noso idioma. Ben sabido é que o autor homenaxeado neste 2008 é o poeta, historiador e editor Xosé María Álvarez Blázquez.

Ler máis »

PRIMEIRO DE MAIO

augasceives 01/05/2008 @ 14:01


O Primeiro de Maio é o Día Internacional da Clase Traballadora. Galiza, como pobo obreiro que é, conmemora esta data como unha xornada de loita e reivindicación dos nosos dereitos. Cómpre, antes de situar a xornada de hoxe no marco das circunstancias actuais, lembrar as orixes desta data.

Ler máis »

CONTUNDENCIA GANDEIRA

augasceives 30/04/2008 @ 18:47

Compostela, 30 de abril '08É tempo de revolta no agro galego. A situación achégase cada vez máis á insostibilidade e comeza a ser crítica no sector leiteiro. As promesas de revitalización do rural feitas polo Goberno Galego levan o mesmo camiño que comezara a Xunta de Fraga: a desaparición. Esta mañá Compostela acolleu unha contundente manifestación que deixa ben ás claras que o agro galego non vai aceptar máis pasividade e políticas exterminadoras dos gobernantes. O que está en xogo é o futuro.

Ler máis »

ENSINO NA RÚA

augasceives 30/04/2008 @ 13:30

Mestres e alumnos ensinaron onte nas rúas de Compostela o seu rexeitamento ás políticas que se pretenden levar a cabo e que lles afectan directamente. Os mestres saíron para oporse ao novo decreto de Bacharelato que prepara a Xunta e os alumnos para rexeitar a imparábel suba de taxas.

Ler máis »

NEGROS ULLA E MIÑO, AQUÍ NON PASA NADA!!

augasceives 29/04/2008 @ 13:04

Esta fin de semana voltabamos ter coñecementos de dous atentados ecolóxicos graves contra as augas do noso país. Lembrabamos imaxes pasadas co fuel ennegrecendo as nosas praias, pero desta vez as imaxes tiñamos que localizalas no interior, en dous dos principais ríos do noso país: o Miño e o Ulla.

Ler máis »

25 DE ABRIL, SEMPRE!

augasceives 24/04/2008 @ 04:46

25 DE ABRIL, SEMPRE!Pasaban 20 minutos da medianoite do 25 de abril de 1974. En Radio Renascença soaba Grândola, vila morena. Era o sinal para que as tropas máis afastadas de Lisboa comezaran o avanzo cara a Capital, comeza a xa imparábel Revoluçao dos Cravos que remataría coa Ditadura de Salazar.

O pobo é quem máis ordena é xa unha estrofa clásica, o Zeca Afonso é o cantautor da Revolución en Portugal, os craveis vermellos completan a fermosa simboloxía revolucionaria.

Ler máis »

OS EFECTOS DA COLONIZACIÓN

augasceives 23/04/2008 @ 17:15

Hai ano e medio a estrutura empresarial e económica galega sufríu un importante golpe chegado dendo onde adoitan chegar as malas novas para os nosos dereitos socioeconómicos: Madrid. Jove, o presidente de Fadesa vendíalle parte da inmobiliaria a un dos grandes "capos" do empresariado español: Fernando Martín.

Ler máis »

LUME E DISTURBIOS NUNHA SITUACIÓN CADA VEZ MÁIS INSOSTÍBEL

augasceives 22/04/2008 @ 17:39

O polígono lugués do Ceao foi escenario esta mañá dun episodio máis da revolta gandeira, máis necesaria ca nunca especialmente no sector do leite. Preto de 3000 gandeiros, convocados polo sindicato UU.AA., concentráronse ás portas de Leite Río. Alí agardábanos ducias de antidisturbios (máis de 80 segundo algunhas fontes) dispostos a aplicar a receita de represión contra os movementos incómodos e contra aqueles que esixen un mínimo de xustiza social, algo utópico con este modelo neoliberal que nos afoga. Hai que dicir, como non, que non aforraron en paus contra os manifestantes.

Ler máis »

HOMES CONTRA MÁQUINAS, DIGNIDADE CONTRA ESPECULACIÓN

augasceives 21/04/2008 @ 21:11

Onte tiña lugar na Alameda Vella de Cangas a concentración contra a recualificación especuladora dos terreos do Salgueirón que convocaran A Ría non se Vende, Galiza non se Vende e o Foro Social de Cangas. Congregáronse centos de persoas que estaban a representar a sociedade galega consciente contra as manobras corruptas dos nosos gobernantes. Son ramificacións ao longo da nosa xeografía daquela grande do día 17 de febreiro en Compostela.

Ler máis »