Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: SOCIAL

STOP MONTAXES POLICIAIS!!!

augasceives 10/04/2008 @ 07:14

O aparato xudicial non puido saciar, desta vez, a sede represora da policia española. A sua montaxe, unha outra vez, non houbo forma de demostrala. As sete persoas imputadas por presunta agresión a un antidisturbio quedaron libres de cargos ante a imposibilidade dos represores de demostrar un só indicio dos feitos que denunciaban.

Ler máis »

INQUISIDORES DE CARICATURA

augasceives 07/04/2008 @ 13:00

brilat-fora.jpg É esta a particular forma de facer política dende a meseta para así controlar a cidadanía de todo o estado. A misiva é clara, o uniformismo é a meta, as armas empregadas para alcanza-lo rodéanos de maneira tan abafantemente normal que o día a día de todos e cada un de nós está constantemente ameazado e dirixido polos seus arrogantes xuizos sociais, perdón, deberiamos dicir políticos.

Ler máis »

PRESENTADO O MANIFESTO DO 18 DE MAIO

augasceives 04/04/2008 @ 11:39

Esta mañá foi presentado o manifesto da Mesa pola Normalización Lingüística para a manifestación do vindeiro 18 de maio. O lema era xa coñecido: "Polo dereito a vivirmos en galego". Segundo explicou o colectivo, o obxectivo é buscar a participación de todo tipo de entidades na mobilización.

Ler máis »

GALIZA RESPOSTA CON PEGATINAS

augasceives 27/03/2008 @ 06:43

 

Os documentos que onte sacaba á luz o MpDC nos que ficaba de manifesto a fixación da Garda Civil española contra o nacionalismo galego supuxeron un impacto considerábel na rede e en diversos foros nos que a indignación se multiplicou ao momento. A práctica totalidade dos medios independentes galegos fixémonos eco de tan reveladora información. Que o nacionalismo galego nunca foi do agrado das FSE está fora de toda dúbida, pero agora fica demostrado con documentos e tamén queda á luz o inmenso descoñecemento da realidade social galega por parte destes individuos vestidiños de verde.

Ler máis »

TODOS SOMOS TERRORISTAS

augasceives 26/03/2008 @ 09:49

Recibimos na caixa de correos unha información do Movemento polos Dereitos Civís bastante preocupante que imos reproducir textualmente. Trátase de documentos internos da Garda Civil aos que tivo acceso o MpDC e que sitúa no punto de mira das súas "investigacións" e como obxectivo aos movementos sociais de Galiza. Son casos realmente graves pois a situación no noso país achégase cada vez máis á represión da que é obxecto a esquerda abertzale coa creación de listaxes con persoas polo simples feito da súa ideoloxía, nunca con delitos probados. Para a Garda Civil española, o que eles mesmos consideran Movemento de Liberación Nacional Galego (MLNG) é o segundo maior problema de terrorismo en España. Cómico!

Ler máis »

COMO CREAR 27.700 POSTOS DE TRABALLO

augasceives 25/03/2008 @ 17:51

 A loita contra a precariedade laboral é un dos discursos máis repetidos nos gobernos “progresistas” desta nova pseudoesquerda. Ao tempo, é tamén un dos incumprimentos sistemáticos máis repetidos pois esa “loita” queda en boas palabras e intencións para a prensa, nunca en accións efectivas. Un recente estudo vén de revelar que no sector da construción as horas extras que se traballan ilegalmente evitan a creación de máis de 27.700 postos de traballo no noso país.

Ler máis »

COA LINGUA NA RÚA

augasceives 25/03/2008 @ 12:40

A Mesa pola Normalización Lingüística vén de convocar unha manifestación nacional en Compostela para o vindeiro 18 de maio baixo a lenda "Polo dereito a vivirmos en galego". Non é máis ca unha resposta necesaria aos ataques varios que nos últimos tempos vén padecendo o noso idioma dende diversos sectores da dereita española e a desprotección dos poderes públicos.

Ler máis »

REVOLTA GANDEIRA

augasceives 14/03/2008 @ 13:15

concentración dos gandeiros nas instalacións de PulevaA pasada semana dabamos conta das protestas dos gandeiros nas instalacións de Puleva (en Nadela) contra a baixada unilateral dos prezos do leite en orixe (neste caso concreto, até 6 ctms/l), que supoñen unha volta máis no lento afogar do sector. Avisaban xa que a seguinte data chave había ser esta quinta, 13 de marzo. E así foi, desta vez en Pontedeume nunha pranta de Leite Celta.

Ler máis »

10 DE MARZO: DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

augasceives 10/03/2008 @ 09:38

A celebración desta data ten as súas orixes no ano 1972. Durante a negociación do Convenio Colectivo de Bazán sucedéronse episodios que chegaron á cimeira da gravidade cos asasinatos de Amador Rei e Daniel Niebla, na honra dos cales e como homenaxe a toda a clase obreira do país se instaurou o 10 de marzo como Día da Clase Obreira Galega na súa lembranza.

Ler máis »

A CLASE OBREIRA GALEGA CONTRA A FAMILIA PREGUICEIRA ESPAÑOLA

augasceives 09/03/2008 @ 13:09

Tempo de datas para a memoria, tempo de loitas. Se onte sábado o motivo de festexo era o Día da Muller Traballadora, coma todos os anos chega o 10 de marzo e lembramos a Amador e Daniel: o Día da Clase Obreira Galega. Para este ano está prevista a visita a Ferrol dos Reis de España, o que constitúe unha clara provocación para o pobo traballador galego. A resposta non ha facerse agardar e a Monarquía Española terá cumprido testemuño en primeira persoa do rexeitamento ao que a familia Borbón representa.

Ler máis »