Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: SOCIAL

O LEITE EN LOITA

augasceives 07/03/2008 @ 02:36

centos de gandeiros ocuparon as instalacións de Puleva, en Neda (6-3-08)O exterminio que dende hai varios lustros está facendo esmorecer os nosos sectores produtivos afecta de maneira moi especial ao agro. Os produtores ven como os intermediarios inchan os seus petos e os seus beneficios non aumentan ao tempo que o seu traballo non diminúe, por deixar unha valoración xenerosa. O sector leiteiro é unha das principais vítimas, que dito sexa, tampouco atopa oco nas campañas eleitorais estas que vimos padecendo. Os prezos do leite na súa orixe caen estrepitosamente e as multinacionais e grandes areas comerciais multiplican vertixinosamente as súas ganancias.

Ler máis »

TAMÉN PROHIBIDO MANIFESTARSE...

augasceives 06/03/2008 @ 21:41

O día 8 de marzo estableceuse internacionalmente como o Día da Muller Traballadora, unha desas datas nas que todo o mundo se identifica coa causa a conmemorar. Este ano, o 8 de marzo é a véspera das Eleccións Xerais e, segundo o calendario eleitoral español, a "véspera" recibe o nome de "xornada de reflexión", na que está supostamente prohibido calquera acto que poida considerarse propaganda ou que poida entenderse como destinado a influír no voto do día seguinte.

Ler máis »

O PREZO DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN: 8.000 € (DESTA VEZ)

augasceives 06/03/2008 @ 08:57

Balaídos, 31-11-06Só se pensamos nun estado totalitario e radicalmente antidemocrático, como o turco, podemos imaxinar unha historia como a que segue. A negación dun pobo como o curdo é unha cuestión de Estado, innegábel e indiscutíbel. Todo aquel que ouse afirmar a existencia do pobo afogado é sancionada e padecerá contundentes medidas represivas. Non nos poñamos no caso de amosar publicamente unha faixa que conteña lenda algunha relativa á situación do Curdistán. Entón, as consecuencias poden ser imprevisíbeis. Pero isto só sucede nun estado como o turco... ou non!!

Ler máis »

A MELLOR ARMA DUN POBO

augasceives 04/03/2008 @ 15:32

lingua.jpgEsa non é outra que a sua língua, o seu idioma, a sua fala. Por ahí é por onde a rancia España tenta de novo atacar ó noso pobo. Contan que a lingua de Castela está a ser atacada e perseguida na Galiza, que non se pode facer uso dela e que os nosos rapaces e rapazas non poden aprender o idioma do Imperio. Falan que ate as persoas que a esixen poden chegar a ser sancionadas. Seica todo iso pasa aquí na Galiza, onde dín que están sendo víctimas dunha persecución. Falarán desa mesma da que eles fixeron gala o longo da historia?

Ler máis »

XAVIÑA EN LOITA

augasceives 03/03/2008 @ 19:29

veciños de xaviña na manifestación do pasado 2 de marzoA conciencia crítica galega non se limita só aos movementos sociais das grandes cidades, ou a oposición a grandes proxectos de interese nacional. O espertar rural é un feito e se nos faciamos eco dos resultados que as grandes mobilizacións producen nos gobernantes, miramos tamén a mobilizacións locais que xa non permiten que os pequenos caciques de aldea poidan campar ás súas anchas sen render contar máis ca aos seus xefes de partido.

Ler máis »

RESULTADOS DO MOVEMENTO POPULAR

augasceives 03/03/2008 @ 18:34

A grande manifestación de Galiza Non Se Vende do pasado 17 de febreiro en Compostela fixo dano. A primeira proba foron as declaracións coas que respostaron dirixentes tanto do PSOE (Manuel Vázquez, Conselleiro de Medio Ambiente) coma do BNG (Francisco Rodríguez). A segunda foi o absoluto silenciamento dos medios afíns e incluso dos públicos galegos ignorando a concentración de máis de dez mil persoas (dez mil votos que para si quixeran) na capital galega. A terceira foi a desaparición do asunto na campaña eleitoral e nos debates dos tres principais partidos galegos.

Ler máis »

AS FORZAS ESPAÑOLISTAS ESTRAGAN A FESTA DO NOSO DEPORTE

augasceives 01/03/2008 @ 19:51

Onte producíuse o agardado debut da galega de futsal cunha contundente vitoria por 6 goles a 1 fronte ao combinado uruguaio. O encontro da Malata foi unha demostración da valía dos nosos xogadores, pero houbo algo máis...

Ler máis »

MÁIS CA UN PARTIDO

augasceives 29/02/2008 @ 10:52

galiza-o-mundial.jpgContinua a estrea nas diferentes modalidades deportivas da selección galega. Desta volta tócalle o fútbol sala(masculino), hoxe no pavillón da Malata comezará a rodar a pelota nun novo paso cara o recoñecemento oficial da Galiza dentro do mundo do deporte.

Ler máis »

TRESCENTAS FAMILIAS EN RISCO POLA LIBERDADE EMPRESARIAL DO LIBRE MERCADO

augasceives 27/02/2008 @ 14:19

traballadores e provedores de Marbar, en loitaSabido é que o volume dunha empresa é directamente proporcional á liberdade dos seus xerentes para especular, chantaxear, defraudar e facer impunemente o que desexen, malia que isto conleve graves prexuízos a terceiros. 200 empregados é un plantel considerábel, suficiente como para que o propietario da construtora Marbar, de Tomiño, poida desaparecer e deixar na rúa e sen nada a todos os seus traballadores, provedores e empregados destes.

Ler máis »

FACER FRONTE A SUA REPRESIÓN

augasceives 22/02/2008 @ 17:57

devolvelle-la.jpgSete persoas terán que respostar ante a xustiza-politizada española polo ocorrido na concentración que tivo lugar diante das dependencias das FSE en Vigo en apoio os catro compañeiros detidos polos actos que tiveron lugar o remate da manifestación nacional do 6-D. Dende a policia española denuncian a estas sete persoas por tentar romper o cordón policial e agredir física e verbalmente @s axentes alí despregad@s. Nen houbo identificacións nen incidentes, unha outra vez estamos diante dunha nova manipulación e crimanalización a que se ve exposto o movimento popular e autoorganizado do noso país.

Ler máis »