CHOURIZO INTOCÁBEL
Os afectados foron os que sacaron á luz a fraude de Construcuatro e os propios dirixentes da empresa recoñeceron o delito. Foi o pasado xoves cando o Conselleiro Delegado e o Presidente da construtora pontevedresa aceptaron no Xulgado que cobraran sobreprezos logo da venda de pisos. Pero a este banco fáltalle un pé: o líder do PP na cidade de Pontevedra Telmo Martín, o terceiro dos socios e que curiosamente non compareceu aínda perante a Xustiza.


Chúzao
del.icio.us
O Foro da Mocidade de Vigo está a impulsar unha concentración de repulsa hoxe mércores día 20 ás 19.45 horas no teartro García Barbón con motivo da presenza neste coñecido teatro olívico do colectivo "Galicia Bilingüe" que anda polo noso País adiante recollendo sinaturas en contra do emprego do noso idioma nas aulas da Galiza.
Galiza saiu a rúa amosando a capacidade e dignidade dun pobo que está disposto a parar esta desfeita a que a clase política levou e continua a levar esta Terra. Nas ruas da capital da Galiza estiveron representadas tódalas loitas medioambientais deste País. Alí estivo un pobo ferido mais non derrotado para dicer ben alto e claro que goberne quen goberne Galiza non se vende!
A decana da Facultade de Económicas da USC,Cancelo Márquez, esixe a ilegalización do sindicato estudantil
A Comisión do Parlamento Vasco que estuda os feitos do 3 de marzo do 76 en Gasteiz citou para comparecer a Manuel Fraga Iribarne e a Rodolfo Martín Villa para informar sobre o que aquel tráxico día de sanguenta memoria aconteceu. Aprobado por unanimidade, os daquela Ministros de Gobernación e de Sindicatos respectivamente, terán que informar xunto a outras doce persoas por aqueles feitos. Con todo, os fascistas han poder escapar unha vez máis xa que se recolle tamén que poderán "informar por escrito" no canto de presentarse fisicamente.
O xuiz do Penal número 1 de Pontevedra ven de dictar un auto exculpatorio dos cinco acusados de prevaricación urbanística no concello de Caldas. O ex alcalde da localidade caldense, José María Tobío, o actual rexedor, Juan Manuel Rey, e outros tres concellales do grupo de goberno enfrentábanse a penas de dez anos de inhabilitación, coma sempre esta inxuztiza manipulada volta a deixar impunes os que destruen coas suas actuacións a nosa Terra, eles o igual cos seus soci@s do capital seguirán enchéndo os seus petos grazas a manobras escuras que respaldan as suas accións.
A USC organizou un ciclo de conferencias que abríu esta mañá María San Gil, presidenta do PP en Euskadi e cara da ultradereita máis pechada e españolista desa formación política. Non achamos por ningures o interese que poida ter esta conferencia na Facultade de Económicas de Compostela, a non ser por algunha escura manobra en tempo preeleitoral. Con todo, varios estudantes concentráronse ás portas para recibir con apupos a San Gil e facerlle ver así o rexeitamento ao que representa.
Non hai tregua. A represión policial violenta contra calquera movemento popular en Galiza continua, xa sexa Entroido, Nadal, verán ou inverno. O pequeno aprendiz de fhürer Ameijeiras segue a recetar "máis madeira", desta vez tocóulles aos mariscadores que se manifestaban máis ca pacificamente na Ponte da Pasaxe (A Coruña).
O independentismo galego continua esixindo a retirada das forzas de ocupación da nosa nación. As suas reivindicacións seguen a ser combatidas pola maquinaria represiva española que procura trocar a tradicional cultura da porra e as pelotas de goma por outro tipo de métodos represivos menos visíbeis pero igual de contundentes no seu afán por manter a nosa terra asoballada. 
