AUTO-ORGANIZACIÓN POPULAR
Vén sendo o mes de Nadal dos últimos anos un tempo de mobilización e exemplo de auto-organización popular en Galiza. Dende o ano 2005 o deporte era motivo de axitación e identificación dun pobo coas súas cores con motivo dos encontros das Seleccións Nacionais de Fútbol, tanto masculina como feminina. Mais xa a comezos de mes, a plataforma independentista Causa Galiza vén dende hai uns anos chamando á mobilización coincidindo co aniversario da Constitución Española de 1978. Este ano, co PP na Xunta, volveron os tempos de negación dos nosos dereitos nacionais no eido deportivo. Siareir@s Galeg@s e Causa Galiza traballan xa no mes de Nadal coa ollada posta nas mobilizacións e demais actos do 26 e do 6 respectivamente.


Chúzao
del.icio.us
Superado o cumio das alertas por crise que o propio capitalismo se encargou de lanzar, facendo de voceiro de si mesmo, é tempo de repensar cal será o escenario que se nos presente cando estes anos de dificultade sexan xa pasado e comecen a albiscarse de novo os ventos de medra. En Galiza, contaminados polo debate impulsado dende Madrid, andas os que gobernan e mailos seus opinadores ás voltas co novo panorama financeiro. O debate arredor da fusión das caixas de aforro galegas leva semanas sen faltar á súa cita en xornais, radios televisións e calquera faladoiro que nos queira alumear.
Un dos asuntos nos que se sostén a actualidade informativa dende hai xa mes e medio é o secuestro do atuneiro “Alakrana”, no que mariñeiros galegos permanecen retidos polos que
O exemplo de
É aínda feble a cultura política no Estado Español, non hai nada da suposta consolidación da Democracia e foi, por suposto, falsa a chamada Transición. Poderíamos citar ducias de exemplos que avalaran estas afirmacións, mais abonda con lembrar as máis recorrentes, como pode ser o sistema electoral, a Lei de Partidos, o bipartidismo esaxerado, a utilización dos medios públicos e o aproveitamento das institucións públicas para o enriquecemento privado. Esta última precisamente asolaga a actualidade política nas últimas semanas, a corrupción é un feito evidente e que está aí, case socialmente aceptado e oficializado precisamente por esa feble cultura política á que nos referiamos. Case resignada, a cidadanía ten como algo habitual que os dirixentes políticos poidan enriquecerse no exercicio da súa función pública.


