GAITAS CONTRA FUSÍS, CIDADÁNS CONTRA MILITARES
Perto de 2000 persoas saíron onte ao monte en Salcedo, parroquia pontevedresa na que o Exército Español está a usurpar mediante unhas obras ilegais o monte comunal dos veciños. O Estado Español pasa por enriba de calquera lei ou orde e ataca aos veciños coas armas da prepotencia e da forza militar. A recreación dunha aldea afgá para que os valentes soldadiños xoguen afecta a territorio civil que a banda armada española pretende roubar. O movemento veciñal ergueuse dende o primeiro momento, na defensa tanto das súas propiedades como de elementos patrimoniais –como unha mámoa ou petróglifos- danados.


Chúzao
del.icio.us
Non hai volta atrás. Este país decidiu erguerse e respostar todas e cada unha das agresións que padece. Adoita dicirse que falta a grande unidade nacional que agrupe a esa ‘Galiza consciente’ que en cada punto da nosa xeografía loita para rexeitar unha orde establecida perversa e violenta contra os nosos intereses. Se cadra non é imprescindíbel. O pobo galego está a dar unha verdadeira lección de resistencia estando fronte ao acoso da crise capitalista, da destrución da nosa paisaxe, na loita labrega, na defensa da nosa lingua, na promoción da nosa cultura e contra cada un dos ataques que a nivel local non transcenden pero que supoñen graves inxustizas. Exemplo disto último é o que está a acontecer no monte veciñal de Salcedo (Pontevedra) onde nin máis nin menos que o mesmísimo Exército Español
O acontecido hai dous días en Madrid dá pé a tirar unha pequena reflexión sobre o chamado Partido Socialista Obrero Español. Por se alguén aínda non atinou, referímonos á lamentábel demostración do grupo de amigos que baixo o nome PSOE se agrupan no Congreso de Deputados: tiña pactada co grupo IU-ICV unha reforma lexislativa que implicara un aumento na tributación para as rendas máis elevadas no Estado Español. Gabábanse de tecer unha normativa de esquerdas, facendo por unha vez unha política social e coherente co discurso que predican. Mais ás poucas horas, a dereita catalá de CiU botou abaixo o acordo ao proporlle ao PSOE absterse nunha votación a cambio de que non se levara a cabo a medida anunciada. E como se nada, atendendo aos seus intereses, o PSOE vendeuse ao mellor pagador esquecendo coma se nada o que esa mesma mañá anunciara. Unha traizón ao grupo de IU-ICV, co que tiña pactada a reforma; mais non se pode falar de traizón a uns principios, porque é algo do que carece o PSOE.
O conflito do metal no sur do País está a chegar a límites de tensión moi elevados. Logo de quince días de folga as imaxes que están a deixar as protestas dos traballadores polas rúas de Vigo segue a ser de resistencia fronte ás actitudes provocadoras tanto da patronal nos despachos como das forzas represoras a pé de rúa. A pouca vontade de acordo que amosa a patronal está a pór en risco a varias empresas, segundo teñen informado representantes dos sindicatos. As súas posturas inamovíbeis na negociación, as acusacións polos
A pasada madrugada producíronse tres accións que tiveron como resultado danos materiais en puntos concretos do sur de Galiza. Un artefacto explosivo estouraba nun caixeiro dunha entidade bancaria en Vigo, un concesionario de automóbiles era atacado tamén por medio dalgún artefacto e a casa do presidente dunha empresa de instalacións eléctricas resultou tamén prexudicada por unha acción semellante. O contexto de conflito e folga do sector do metal, coa contundencia demostrada pola loita obreira nos últimos días fai automaticamente procurar algún tipo de vencello entre os tres feitos puntuais e o a propia situación de tensión que se vive na principal cidade do sur do país. As organizacións sindicais indicaron que non gardan relación coa estratexia sindical e a Delegación do Goberno Español en Galiza (lembremos que con novo responsábel) afirmou que tampouco ve esa relación (apunta como adoita facelo a “grupos minoritarios e radicais”). Mais os intoxicadores de sempre xogan á insinuación para seguir prexudicando os intereses dos traballadores.
Rotundo éxito da tractorada convocada para este mércores polo SLG e Gandeiros Unidos en demanda dun prezo digno para o leite, en defensa do sector agrario galego e co obxecto de manter acesa a loita dos labregos e labregas pola súa supervivencia; pola supervivencia dun dos nosos principais sectores produtivos. A unidade sindical amosada en todas as accións levadas a cabo até agora non foi posíbel nesta ocasión, semella que outras organizacións antepoñen outros interese (políticos) aos dos gandeiros, semella que a mudanza de goberno trouxo modificacións no discurso de quen se atopaba cómodo contra ‘os de antes’. Máis dun milleiro de tractores ateigaron as rúas das principais cidades do país, colapsando a capital de Galiza aproximadamente 600 deles.
A ofensiva lingüística do Partido Popular aséntase no marco legal por medio do derrubamento dos escasos piares normativos que sostiñan as bases institucionais da normalización lingüística. Partindo de que o proceso normalizador sempre estivo (está e estará) en mans da iniciativa popular e do tecido asociativo e social de Galiza, podería parecer que a cuestión legal é menor pois a clase política que nas diferentes épocas dirixiu este País sempre estivo lonxe de comprometerse seriamente. Mais é evidente que non é así. Os lixeiros avances que se tiñan conseguido están agora no punto de mira de Feijóo e os seus sicarios, e saben que o desmantelamento das garantías na función pública e no ensino son bos comezos para alzárense como liquidadores definitivos dun idioma ao que menosprezan. A xa famosa