COMBATENDO A LIBERDADE DE EXPRESIÓN
A información libre e independente, separada dos intereses do poder, é un ben escaso. Aqueles e aquelas que ousan brincar por enriba das barreiras da censura axiña son chamados para que volvan ao rego da “información oficial”, mais hai outros casos nos que a liberdade de expresión é outra simples etiqueta deste sistema democrático e as presións se exercen doutros xeitos. Recollemos dous casos que, aínda que non iguais, si serven como exemplo de canto pode chegar a molestar a información.


Chúzao
del.icio.us
A piques de comezar o novo curso escolar, a Consellaría de Educación é un dos departamentos da nova Xunta que máis caos sementou. Asociacións de pais, ensinantes e sindicatos critican abertamente a desfeita que en poucas semanas foi quen de artellar o seu (ir)responsábel Jesús Vázquez. Ademais das xa anunciadas mobilizacións en defensa da lingua no ensino quen han ser convocadas por diversas entidades de ámbito social, e non só do mundo escolar, hai mobilizacións polos recortes de profesorado nas Escolas de Idiomas (pode haber algo máis contraditorio co seu discurso?). A CIG e máis CCOO levaron aos tribunais as subvencións a centros que segregan por cuestión de sexo e a primeira medida estrela, como é a supresión da gratuidade dos libros de texto, centran a indignación social co Goberno galego.
Na sociedade da imaxe e da política propaganda, do atordamento das conciencias, o deporte ten unha función social moi relevante. Se aquí o temos reclamado como transmisor de sentimentos e modo de expresión das reclamacións dun pobo para esixir o noso dereito a competir oficialmente nas distintas modalidades deportivas, tamén agora o recoñecemos como tal cando a súa función é a contraria. Mañá a selección española de fútbol disputará na Coruña un encontro oficial,
Hoxe é outro deses días nos que agroman novas que, xuntas, inchan un pouco máis o fol da xenreira cara a estes gobernantes. A violenta política do PP na Xunta cara o galego é máis unha estratexia ca unha simples política que aplica alí onde está e por onde vai. Neste sentido, o PP ten varios individuos indesexábeis polo seu actuar e pola belixerancia coa que exercen os seus cargos públicos. Un deles é Ignacio López Chaves, do Concello de Vigo e responsábel dos asuntos culturais do seu grupo parlamentar na pasada lexislatura. Outro referente é o topónimo da cidade da Coruña. Todo isto, adornado coa teima da “imposición do galego”, compoñen o menú de agresións ao idioma que nos depara o día de hoxe.

