Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

VIOLENCIA POLICIAL EN CAMPAÑA ELEITORAL

augasceives — 21-02-2008 GTM -1 @ 16:38

Iria López achéganos as súas valoracións a tan só unhas horas de que comece oficialmente a campaña eleitoral da eleccións ás Cortes Xerais do Estado do vindeiro 9 de marzo. Son casuais os últimos acontecementos e respostas tanto políticas como policiais?

Ler máis »

RESPÓSTALLES EN GALEGO

augasceives — 20-02-2008 GTM -1 @ 10:48

en-galego.jpgO Foro da Mocidade de Vigo está a impulsar unha concentración de repulsa hoxe mércores día 20 ás 19.45 horas no teartro García Barbón con motivo da presenza neste coñecido teatro olívico do colectivo "Galicia Bilingüe" que anda polo noso País adiante recollendo sinaturas en contra do emprego do noso idioma nas aulas da Galiza.

Ler máis »

GOBERNE QUEN GOBERNE...

augasceives — 19-02-2008 GTM -1 @ 11:09

gnsv.jpgGaliza saiu a rúa amosando a capacidade e dignidade dun pobo que está disposto a parar esta desfeita a que a clase política levou e continua a levar esta Terra. Nas ruas da capital da Galiza estiveron representadas tódalas loitas medioambientais deste País. Alí estivo un pobo ferido mais non derrotado para dicer ben alto e claro que goberne quen goberne Galiza non se vende!

Ler máis »

MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

augasceives — 15-02-2008 GTM -5 @ 08:54

cartaz da manifestación de GNSVA Rede Galiza Non se Vende convoca para o vindeiro domingo 17 de febreiro unha manifestación nacional contra a destrución do territorio. A palabra nacional adquire aquí o seu sentido máis amplo pois a plataforma está composta por máis de sesenta colectivos de toda Galiza. Prevese numerosa, pois van estar reflitidos en Compostela todas os problemas e conflitos nos que o capital e a indecencia gobernamental van estar representados.

Ler máis »

A DECANA REPRESORA

augasceives — 14-02-2008 GTM -2 @ 13:36

decana-represora.jpgA decana da Facultade de Económicas da USC,Cancelo Márquez, esixe a ilegalización do sindicato estudantil AGIR o que culpabiliza duns feitos que apoiados pola a intoxicación dos manipuladores defiren bastante do que é a versión d@s estudantes que mostraron a sua repulsa a presenza da simboloxía fascista na USC. Coma sempre as ilegalizacións son a arma da que pretenden botar man @s fascistas.

Ler máis »

FRAGA É CITADO POLOS ASASINATOS DO 3 DE MARZO DE 1976

augasceives — 13-02-2008 GTM -2 @ 21:53

Fraga IribarneA Comisión do Parlamento Vasco que estuda os feitos do 3 de marzo do 76 en Gasteiz citou para comparecer a Manuel Fraga Iribarne e a Rodolfo Martín Villa para informar sobre o que aquel tráxico día de sanguenta memoria aconteceu. Aprobado por unanimidade, os daquela Ministros de Gobernación e de Sindicatos respectivamente, terán que informar xunto a outras doce persoas por aqueles feitos. Con todo, os fascistas han poder escapar unha vez máis xa que se recolle tamén que poderán "informar por escrito" no canto de presentarse fisicamente.

Ler máis »

OUTRA VÍTIMA MAIS...

augasceives — 13-02-2008 GTM -5 @ 13:08

Contamos unha outra vez coa opinión do noso compañeiro Anxo Bérres, logo dun novo áccidente laboral producido nas obras dunha infraestructura pagada cos cartos de todas e todos e que tamén as están a pagar a vida e a saude dos operarios.

Ler máis »

Ó SERVIZO DO PODER

augasceives — 12-02-2008 GTM -5 @ 12:29

xustiza.jpgO xuiz do Penal número 1 de Pontevedra ven de dictar un auto exculpatorio dos cinco acusados de prevaricación urbanística no concello de Caldas. O ex alcalde da localidade caldense, José María Tobío, o actual rexedor, Juan Manuel Rey, e outros tres concellales do grupo de goberno enfrentábanse a penas de dez anos de inhabilitación, coma sempre esta inxuztiza manipulada volta a deixar impunes os que destruen coas suas actuacións a nosa Terra, eles o igual cos seus soci@s do capital seguirán enchéndo os seus petos grazas a manobras escuras que respaldan as suas accións.

Ler máis »

INCIDENTES NA FACULTADE DE ECONÓMICAS

augasceives — 12-02-2008 GTM -5 @ 11:42

manifestantes antes da conferencia de M.S.G. na USC, 12-02-08A USC organizou un ciclo de conferencias que abríu esta mañá María San Gil, presidenta do PP en Euskadi e cara da ultradereita máis pechada e españolista desa formación política. Non achamos por ningures o interese que poida ter esta conferencia na Facultade de Económicas de Compostela, a non ser por algunha escura manobra en tempo preeleitoral. Con todo, varios estudantes concentráronse ás portas para recibir con apupos a San Gil e facerlle ver así o rexeitamento ao que representa.

Ler máis »

DEMOCRACIA ESPAÑOLA EN EUSKADI

augasceives — 11-02-2008 GTM -5 @ 10:37

Contamos coas valoracións de Alberte Outeiro sobre os últimos acontecementos en E. H. e como nolo presentan os medios de comunicación, incluída a Radio Galega. 

Ler máis »