TRIPLE HOMICIDIO EN VALGA
Esta mediodía tornábase tráxica en Galiza nun día de conmemoración como é o 25 de abril (aniversario da Revoluçao dos Cravos en Portugal). Tres veciños de Valga, tres obreiros da construción, resultaban falecidos ao ser arrolado o vehículo no que viaxaban por un tren no cruzamento dun "paso a nivel con barreira".

Viaxaban dende o seu lugar de traballo (apenas a douscentos metros do lugar do sinistro) cara a súa casa para comer cando tivo lugar o fatal acontecemento. Dous dos falecidos pertencían a unha mesma familia, eran pai e fillo. Nese punto no que a estrada cruza o camiño de ferro do convoi, as barreiras que regulan o paso dos dous transportes non cumpriron a súa función e desta volta pagaron os, coma sempre, inocentes.
Adoita ser común que os veciños dun lugar alerten dun punto de alta sinistralidade, tanto desta caste coma na máis ca deficiente Red de Carreteras del Estado. Tampouco é raro que teñamos que asistir a traxedias graves nas que se rexistran vítimas para que por parte de quen corresponda se tomen medidas. Estas circunstancias sempre lle outorgan aos feitos unhas notas de traxicidade maiores das que xa de por si poderían ter. Pero as administracións non escoitan ao pobo, non é novo. Os grandes despachos nos que os arquitectos trazan planos e se dispoñen orzamentos están sempre lonxe dos verdadeiros coñecedores do territorio: os veciños. Dende a súa burbulla non se perciben os perigos que acotío sementan medo entre os usuarios, sempre se enteran polos grandes medios propagandísticos cando acontecen traxedias deste tipo. E, despois si, despois de lamentacións e caras de consternación, despois é cando procuran solucións. Consecuencia: homicido por imprudencia!
Desta volta, os veciños viñan denunciando que as barreiras non funcionaban, co que a máis do inmiente perigo que supoñen estes "pasos", o punto era unha trampa mortal para calquera. As competencias estatais sobre os nosos camiños de ferro sinalan un culpábel: Renfe; un responsábel: o Estado Español. Non fica aí a súa desvergoña, nas primeiras declaracións falaban as autoridades de neglixencia por parte das vítimas...
Non chegan a Madrid as preocupaciónos dos galegos, nin os seus problemas. Si chegan, en troques, os cartos dos seus impostos, os millóns en racadacións por parte dun corpo corrupto e alleo como o é a Garda Civil de Tráfico. Eses beneficios repercuten no aumento da opresión (controles irracionais en puntos inútiles) e dos medios de sanción (radares), mais nunca no arranxo da lamentábel rede de estradas. Campañas inútiles á procura unicamente dun fin: sancións económicas. Nunca solucións nin melloras nos viais, nunca investimentos co fin de rematar cos accidentes. Non arranxan estradas, non eliminan "pasos a nivel", só recadan e sancionan.
RENFE culpábel!
Estado responsábel!


Chúzao
del.icio.us
