Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

26/04/2007 GMT 2

ENTRE A CONMOCIÓN E A XENREIRA

augasceives @ 20:18

conmoción en Valga (25-4-07)O impacto que na Comarca e en toda Galiza causou a morte dos tres veciños de Valga ao seren arrolados por un convoi de Renfe só pode ser superado pola xenreira que produce o saber que se puido ter evitado.

Dende había semanas víñase advertindo do non funcionamento das barreiras que regulaban o paso no punto do cruzamento dos trens e os demais vehículos. Son destes comentarios que andan na boca dos veciños pero que non acadan o rango que teñen que acadar para que cheguen a ouvidos das administracións, coma sempre, até que ocorre o que ocorreu onte. Aí si. Aí é cando os políticos poñen cara de tristeza e van sempre á procura da mellor foto que poida dar pe a pensar que lles preocupa. Pero a voz do pobo, neste e noutros moitos casos, pasados e vindeiros, alertaba e está a alertar todos os días dos perigos reais cos que conviven.

A reacción de raiba e impotencia é tal que toda a ira sae ao ar, pensando que onte foron uns, pero mañá podemos ser calquera outros/as. E como vai estar unha nai que ve que os seus fillos teñen que exporse a diario ao mesmo perigo? Como pode sentirse un cando sabe que nese punto, que pisa indo para o traballo, a súa vida pasa a depender da sorte?

Testemuños aseguran dende o primeiro momento o que non é discutíbel entre a veciñanza, que as barreiras non funcionaban. ADIF (a Administradora Das Infraestruturas Ferroviarias) respostaba desprezando a versión veciñal coa noxenta afirmación de que todo estaba correcto e culpabilizando ás vítimas por neglixencia...!!

Esta mesma mañá os veciños concentrábanse no lugar do sinistro para cortar o tráfico ferroviairio durante un minutos en sinal de protesta. Os traballadores e traballadoras dos medios audiovisuais locais (non vaia ninguén preguntar á Meseta que aconteceu) recollían as voces impotentes dos veciños e dábanlle voz á súa xenreira. Esta é única reacción realmente importante, a social, a espontánea, a verdadeira, a que non pensa no 27 do mes que vén...

A outra, a falsa, a premeditada, a interesada, a dos gobernantes que non fixeron nada para evitalo restrínxese á visita da Ministra Española de Fomento para iluminarnos, aos provincianos galegos, coa súa inmensa sabedoría: "algo tuvo que fallar". Realmente intolerábel. Pola súa banda, o boneco Feixóo, como impresentábel que é, realiza unhas declaracións á súa altura, politizando os feitos e relacionándoos co atrasa da chegada do AVE á Galiza: "se as obras do AVE fosen ao ritmo que tiñan que ir, hoxe estarían suprimidos os 14 pasos a nivel que hai neste municipio". Cal pode ser a reacción dunhas familias e duns veciños esnaquizados pola dor e coa xenreira nos seus ollos perante tales desprezos e mofas?

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis