Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

DESVERGOÑA INFINITA

augasceives @ 20:12

Teñen que ir mudando o discurso eses que sempre falan de pobo sumiso e apoucado. Galiza sae ás rúas e exixe cando ten que exixir, estámolo vendo todos os días en calquera punto do País. Hai greves continuas: do persoal sanitario, sector naval, mariscadoras, colectivos ecoloxistas, traballadores e traballadoras de multinacionais, etc.

 

A sociedade civil ergueuse onte mesmo na Capital para exixir o fin da degradación imparábel do noso territorio (diso por aquí sabemos algo...). En Valga, van alá xa uns días nos que o pobo lle fai fronte á prepotencia estatal provocando cortes no tráfico ferroviario. A proba máis evidente do acertado das medidas é que a reacción da Administración se producíu na procura da fin destas mobilizacións.


Mais a súa desvergoña é infinita. O Ministerio de Fomento propuxo eliminar varios pasos a nivel do municipio para deste xeito calar e apaciguar aos veciños. Pensaron que con suprimir aqueles máis doados e baratos o pobo se daría por satisfeito e voltaría a normalidade. Pois non! Non porque entre os pasos a nivel que suprimirían non se atopaba o de Campaña, no que o pasado 25 de abril morrían tres veciños da localidade e motivaban o comezo da revolta. Hai que salientar o comportamento do Alcalde de Valga que, desta volta, se posicionou ao lado dos veciños e se identificou coas súas reclamacións. Habería que velo de non estarmos en datas preelectorais...

Dende o principio a postura do pobo e do Alcalde foi a de non aceptar nada que non incluíra a construción dun paso elevado non lugar do sinistro. Postura que obrigou a rectificar ao ADIF (Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, pertencente ao Ministerio de Fomento) e aceptar, finalmente, a construción de tal infraestrutura. Mais non ían rematar aquí as artimañas da Administración Española para tentar burlarse da Galiza unha vez máis. Como pensando que trataban con aqueles sumisos e paletos que para os da Meseta somos, o convenio que propoñían e que esta mesma tarde chegaba, non contiña nin prazos nin datas.

Resposta: non!