MAIS MALLEIRAS

No día de onte o Pobo ferrolán saia outra vez mais á rua para impedir a entrada na Ría dun novo gaseiro que se dirixia cara as instalacións de Reganosa, unha outra bomba de reloxeria mais. A resposta das forzas da orde non se fixo agardar, coa contundencia coa que nos ten acostumados e co apoio, en forma de silenzo, dos nosos gobernantes.
Xa son moitas as voces que veñen denunciando as actuacións da policia española nestes últimos tempos, non só na Galiza senon tamén no resto do Estado. A de onte foi unha mostra mais dos seus métodos represivos que contaron co respaldo, coma non!, do señor Ameijeiras(delegado do Goberno español na Galiza) e cun despregue espectacular:tres patrullas da "Guardia Civil", unha unidade do exército, unidades de antidistubios e ate un helicóptero. Esta e forma de impoñer as suas decisións e facer calar o Pobo; con ameazas e malleiras ou mesmo co cárcere que foi onde acabou onte o patrón maior d´O Ferrol Bernardo Bastida. Esta mesma mañán a policia española encargábase de que os mariñeiros non saisen nas suas embarcacións para seguir impedindo a entrada do gaseiro que se atopaba fondeado dende onte no porto de Ares.
Onde se atopan agora aqueles señores que dende Madrid ou dende os sillóns do Horreo baixaron estos días a prometerlle ó Pobo que estarían o seu carón? nen unha soa voz política denunciou unha nova agresión o Pobo traballador que non deixa, a pesar das continuas ameazas e malleiras, de loitar fronte o capitalismo-salvaxe.
Reganosa encargábase na tarde de onte de denunciar os mariñeiros que sairon a defender a sua Ría e que cando voltaron atopáronse cos paus, unha vez mais, da policia española. Esta é a sua democracia!!


Chúzao
del.icio.us
