Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

04/07/2007 GMT 2

O MÁIS DESPREZÁBEL SERVIDISMO

augasceives @ 21:42

pp_unagrandeylibre.jpgPódenselle buscar moitas voltas, poden pór moitas excusas, pódese analizar dende moitos pontos de vista. Pero a realidade que explica o comportamento do Partido Popular en Galiza (que non "de Galiza") no referente ás leas de actualidade co coñecido como "decreto do galego" só é esa: o máis desprezábel servidismo ás ordes de Madrid.

Non imos entrar a valorar o cativo decreto, non imos entrar a valorar que é exactamente fixar o 50% de materias obrigatorias a dar na lingua propia dun país. Imos adiar esa reflexión, imos adiar o cualificativo que nos merecen os gobernantes que limitan o uso da nosa lingua no ensino fixándoa na metade e promovendo por lei a castelanización (amais de todo o que levan feito).

Tan só nos pronunciaremos hoxe sobre ese mediocre ser que a dedo e con tácticas mafiosas e fascistas (denunciadas polo daquela seu competidor á presidencia do seu partido López Veiga) foi colocado na presidencia para suceder a Fraga Iribarne. Non é un bo político, é titubeante e non posúe unha idea propia, nin moito menos o apoio do seu partido. Foi culpabilizado da derrota (pola perda de escanos en Pontevedra, da que el era responsábel) das eleccións en xuño de 2005 polos propios dirixentes do PP (boinas, birretes e incluso defuntos, Cacharros e Baltares). Tocou o cumio do ridículo con aquela foto coa mangueira, a camisa e os "castellanos" durante a crise nacional que asulagou o país o pasado verán debido á irracional vaga de lumes. Amosou o seu complexo de títere mofándose dos intereses de Galiza durante a farsa da negociación do Novo Estatuto, executando ordes directas chegadas dende as cúpulas da ultradereita madrileña do PP. E agora, abafado por non ser ninguén, por ver como día a día perde apoios e a rede clientelar que os sostiña se vai desmonanto, vendo como el é o principal responsábel da caída en picado do seu partido, sabendo que lle van pedir responsabilidades, vendo que a súa figura non é relevante perantes os ollos do fhürers de FAES...

Agora despreza a súa lingua, a que acotío fala, a que maioritariamente falan os seus votantes, agora evidénciase unha vez máis a última hora revirando o senso do seu voto que ía ser, anunciara, positivo. Agora decátase do seu erro, do se lamentábel e imperdoábel erro, agora busca saída en Madrid, e atopa a estratexia que seguiron contra o Estatut Català: anticonstitucionalidade!

Alberte Núnes Feixóo, NON ERES NINGUÉN!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis