TORTURA FASCISTA
Para iso tomaron as nosas ruas, para fechar as nosas bocas!! Desta vez a estratexia represora consisteu nunha provocación policial nas ruas do casco vella de Compostela para dar paso a unha premeditada emboscada. O seu obxetivo foron os mozas e mozas que acompañaron a Rondalla organizada pola Assembleia da Mocidade Independentista(AMI) e que poñia peche os actos organizados polo citado colectivo.
Coma sempre as forzas de ocupación actuaron con brutais palizas resultando varios feridos e feridas de diversa consideración. O parecer desta vez suprimiron as detencións pero non se esquenceron da tortura física.
Coma traca final da represión policial, varios autocarros dos torturadores achegáronse ate a Porta do Camiño, onde tivo lugar a xornada de denuncia que levaron a cabo os mozos e mozas de AMI o longo da tarde, destruindo os postos de material, gran parte da infraestructura da organización e mesmo roubaron o diñeiro recadado!
Todo o aparato represor español segue a traballar para que os mozos e mozas deste País non volten a erguer a voz e acaben por aceitar as suas imposicións. Dende eiquí solidarizamonos con os compañeiros e compañeiras de AMI que seguen a sofrer a represon-persecución españolista.
A luita continua...sempre!!!


Chúzao
del.icio.us
