CIDADE DA CULTURA, PAÍS DOS CORRUPTOS
Ben sabiamos que o proxecto da Cidade da Cultura, no Monte Gaiás de Compostela, é unha das maiores barbaridades das múltiples que o goberno de Fraga fixo durante os seus dezaseis anos de "ditadura democrática". Agora, é unha institución a que o confirma, o Consello de Contas.
Nun recente informe, a institución nacional galega encargada do control do gasto público, vén coincidir coa opinión pública ao pór de manifesto o descabezado do proxecto, o ocultimo, a falla de planificación, a ausencia dun verdadeiro proxecto... e que a ninguén se lle escapa que esta desproporcionada e innecesaria construción tiña por obxectivo ser a pirámide coa que lembrar nos vindeiros séculos a obra de Fraga Iribarne, que non dubidou en tirar dos cartos públicos para tal fin.
A función do Consello de Contas ficou cumprida. Mais, a quen lle corresponde agora pedir responsabilidades? E non só responsabilidades de cacarexar na prensa que malos son eles e que bos somos nós, referímonos a responsabilidades penais e xudiciais. Falamos de xulgar aos que empregaron os cartos públicos dun xeito fraudulento e claramente ilegal, agora non sómos nós que o dicimos, non é a opinión pública galega, agora é un informe oficial do órgao encargado do control do gasto que a administración fai. Pola súa banda, xa o Presidente da Xunta descartou esa posibilidade, non vaia ser que alguén se moleste...! É normal, non agardabamos máis! Pero, u-la Xustiza? Con maiúsculas, referido ás instucións correspondentes, a Fiscalía neste caso, o TSXG... Na xustiza propiamente dita non cremos... Non lles leva moito tempo secuestrar revistas, pero enxuízar a todo un Ministro do Réxime, ao Presidente da Xunta, á eterna referencia da modernización da Galiza...! Á verdadeira ruína desta país! Ao eterno problema dos nosos males: a dereita española do PP!


Chúzao
del.icio.us