Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

04/08/2007 GMT 2

POLÍTICA SOCIAL, DEREITO Á VIVENDA ...BNG!

augasceives @ 16:12

salvaterra-3-8-07-ii.jpgBen pode resumir a pintada da imaxe o sentir cada vez máis xeralizado e espallado da sociedade sobre os dirixentes. O brutal desaloxo practicado onte en Salvaterra de Miño para a construción dun macro-polígono industrial danos unha visión da idea de progreso que os políticos teñen, os métodos empregados falan ben ás claras da capacidade de diálogo que lles enche a boca.

 

Non hai lugar para a negociación cando a Administración decide expropiar, ou colles o que che dan ou te convertes en cascallos no medio da túa propia vivenda. Non foi así desta vez, e non foi así porque houbera negociación senón porque os Corpos e Forzas da súa Seguridade entraron coa súa habitual violencia esnaquizando a porta da casa para expulsar aos seus propios moradores que como sinal de protesta se encadearan no interior do inmoble que minutos despois se reduciría a lixo. Sen entrar na impagábel valoración persoal que a propia vivenda herdada duns pais pode ter para o seu propietario, non é concebíbel a súa política de chantaxe mafioso que consta en que ou o "tomas ou o deixas", e deixalo significa o que puidemos ver: violencia policial, crises de saúde e violación do dereito á vivenda, tan cacarexado na súa tan querida Constitución do 78. Pero tamén apoio veciñal, solidaride cunha causa xusta!

Estamos a falar de democracia, de xustiza, de legalidade. Estamos a falar de 15 € o metro cadrado, estamos a falar de que non han dicir a canto cobrarán ese mesmo m2 cando despois sexa chan industrial...

Isto non é máis ca un outro exemplo da política social do novo goberniño galego, da propaganda sobre a vivenda que o BNG vende, o Quintana e as vedettes que ten por conselleiras. É unha actuación máis do cambio de facer política que o Bloque ía traer, da consellaría estrela que era a de Vivenda e Solo. Velaquí un exemplo máis do carácter social, progresista e de esquerdas que, xa non o PSOE (que tamén! pero quen llo cre?), pero si o BNG leva por bandeira. Engadímolo aos salarios tamén sociais que os pactos lle reportaron a concelleiros e alcaldes, engadímolo á modélica actuación no caso Reganosa (na defensa da legalidade, da xustiza e do pobo), engadímolo a cantas cousas máis e ao xiro autonomista, perdón! moderno...

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis