Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

12/08/2007 GMT 2

GALIZA ANTITAURINA

augasceives @ 20:18

logo-antitaurina-cartaz.jpgAs festas da capital do Lérez deste ano están a simbolizar coma nunca a oposición da sociedade galega á máis brutal das costumes da cultura castelá espallada noutrora polo Imperio Español e imposta hoxe polo Estado que, vén sendo algo así como a nova forma de Imperio. Referímonos ás touradas, protagonistas das festas da cidade gobernada polo BNG.

 

Informabamos estes días das accións contra os campos de golf como símbolos do colonialismo que conleva a destrución da nosa terra. E para aclarar, do colonialismo que nos achega prexuízos, non para todo un sector como o turístico do que viven milleiros de galegos e incluso comarcas enteiras. Ao tempo, falabamos tamén da oposición da meirande parte, da inmensa maioría! da sociedade pontevedresa e galega en xeral contra a fiesta española baseada no maltrato e asasinato animal.

Temos que dar conta dos ataques contra o Centro Social A Revira por parte de grupúsculos ou individuos de corte fascista que provocaron un lume no local poñendo en perigo os inmobles do resto da rúa, por estar situado na zona vella na que as construcións son antigas e de madeira a maior parte delas. Mais tan só podemos citalo como anécdota, pois a postura xeralizada en Pontevedra -e insistimos, Galiza por extensión- é de repulsa a esta brutalidade e, por suposto, a estas coaccións que non fan máis ca dar novos bríos á loita que ten que rematar coa extinción total das touradas na nosa nación.

A oposición canalízaa a Plataforma Pontevedra Antitaurina, que nos achega no seu web información dabondo para argumentar o rexeitamento ao máis desprezábel dunha cultura tan rica como a castelá, que, tamén hai que dicilo, contén abondosas costumes que pouco respectan aos animais. Hai que salientar o seu traballo na rúa, coa pegada de cartaces por toda a cidade e a actividade central: o despregamento dunha gran faixa na Praza da Ferraría o sábado ás nove da noite, segundo informan.

Sería moito pedir, e incluso inxenuo, pedir que as administracións escoitaran á cidadanía. Pero por pedir que non sexa. EXIXIMOS A FIN DA CELEBRACIÓN DE TOURADAS NA NOSA TERRA!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis