Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

20/08/2007 GMT 2

CONTRA REGANOSA NA RÍA DE FERROL, MARCHA!

augasceives @ 22:09

marcha_mugardos.jpgSeguimos a recebir novas dos compañeiros e compañeiros da loita ferrolá contra a localización da pranta de gas no medio das casas da Ría de Ferrol. Se o pasado venres de novo era bloqueada a entrada dun metaneiro na ría, hoxe infórmannos que o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol convoca unha marcha dende Porto de Ferrol até o Concello de Mugardos,

  no que dende o pasado 23 de xullo permanecen pechados veciños e veciñas en protesta pola a barbaridade gaseira que ameaza as súas vidas.

Serán dezasete quilómetros de solidaridade e de repulsa. De oposición á localización da gaseira na Ría de Ferrol, con todas a súas irregularidades. Hannos ouvir tamén os políticos covardes que non son que de oporse á chantaxe capitalista das grandes empresas, que permiten as agresións ao noso medio natural. Entre eles, os que se gaban de estar á beira dos veciños cando son oposición e de esquecerse cando tocan goberno.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis