Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

25/09/2007 GMT -2

IMPUNIDADE POLICIAL

augasceives @ 17:12

policia-nacional.jpgQue os medios de comuncación empresariais, e incluso públicos recollan os excesos dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado pode dar unha idea da gravidade que conteñen unhs feitos que ultrapasan a raia do publicábel e do non publicábel. Recolleron os representantes políticos do pobo galego o clamor social contra estas actuacións cada vez máis habituais?

O pasado xoves, a Garda Civil protagonizou outra das súas aventuras maís propias dos "salvaxe oeste" ca dun Estado Democrático. En Ribadumia dous axentes do Corpo de Loita contra a Droga da Policia Nacional abordaron a punta de pistola a un mozo de 29 anos. Tales axentes non se identificaron, co cal, a vítima fuxíu no seu coche. Confundíndoo, supostamente, cun narcotraficantes, os axentes da orde disparáronlle dúas veces acadando un dos impactos o seu automóbil. Foi trasladado nun coche camuflado ao campo de fútbol de Ribadumia, a onde chegou a segunda vítima deste episodio propio da ficción.

Neste caso, unha moza que estaba parada nun semáforo e que ía recoller aos seus dous fillos ao colexio foi abordada por tres persoas sen identificar (nun primeiro momento) que, tamén a punta de pistola, a sacaron do seu coche no medio da rúa e levárona ao campo de fútbol no que agardaba o mozo primeiramente retido. Alí foron interrogados para comprobar se se coñecían. Por suposto e como é habitual, non faltaron as humillacións, a prepotencia ni as ameazas.

Os dous foron postos en liberdade en Pontevedra. Ela, tras 22 horas retida; el, tras ser abordado por tres individuos sen identificar, sen sérenlle lidos os seus dereitos nin avisar a familiar ningún.

Os dous presentaron as correspondentes denuncias perante os Xulgados do Penal polas neglixentes actuacións dos membros das Forzas da Orde, así como as humillacións e o trato ao que foron sometidos.

A represión e a brutalidade policial repítese con demasiada frecuencia e con total impunidade. Ante estes casos, non se sabe de declaración algunha do Delegado do Goberno en Galiza, nin de ningún representante político, nin de ningún Vicepresidente da Igualdade e Benestar, non se fan preguntas no Parlamente nin se piden contas ao Estado. Están moi enleados en aparecer na subasta de lonxa que son os Orzamentos Xerais para despois dicir que é grazas a eles que nos dan a esmola habitual.

Quen defende os dereitos dos cidadáns galegos en casos coma este? Ulo Valedor do Pobo?

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis