A FERROL!!
Este domingo, 30 de setembro, ás doce da mañá no Peirao de Ferrol Galiza vaille dicir alto e claro a Reganosa e aos políticos que a amparan ...FORA DA RÍA!!
A seguir reproducimos o comunicado polo que o Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol (que agrupa a máis de corenta entidades da comarca) convoca a mobilización de mañá. Sinalan varios puntos que AugasCeives apoia total e plenamente.
A TODA A CIDADANÍA DE GALICIA :
A Planta de Gas instalada na angosta Ría de Ferrol, constitúe unha ameaza para a vida de 100.000 persoas e a riqueza marisqueira da Ría. En solidaridade: Coa veciñanza de Mugardos, pechada no Concello hai máis de dous meses. Coa Confraría de Pescadores e Mariscadores de Ferrol. Coa poboación de Ferrolterra. Para que non sexa aprobada a Acta de Funcionamento definitivo de REGANOSA Para o seu traslado ó Porto Exterior Para que remate este disparate contra o que vimos loitando desde o ano 2000.
DEMANDANDO: 1º Ao Goberno Central que ten competencias para decidir que, en base a eses condicionados non resoltos, non sexa aprobada a acta de funcionamento definitivo de REGANOSA. 2º Á Xunta de Galicia para que renuncie á herdanza envelenada do caso REGANOSA, e así mesmo, reoriente a súa política enerxética para que deixe de ser unha ameaza para a Ría e para a vida de miles de persoas de Ferrol Terra. 3º Ao Concello de Ferrol para que acorde dirixirse ao Tribunal Supremo a fin de que faga firme a sentenza 536/2004 favorable á cidadanía de Ferrol e que anula a falsa tramitación ambiental de REGANOSA. 4º Ao Concello de Mugardos, para que revise as licenzas, permisos e acordos con REGANOSA, que están ameazando a vida e os intereses da veciñanza. NON FALTES


Chúzao
del.icio.us
