Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

03/10/2007 GMT -2

A REALIDADE

augasceives @ 21:01

en-serrabal-3-10-07.jpgE mentres no Parlamento Galego, os insultantemente asalariados en comparación coa media galega debuxan países imaxinarios e pintan cantís nos que o país se precipita, a vida continua o seu percorrido. A loita continua en Serrabal, a morte segue a agocharse no traballo, as estradas non deixan de ser unha trampa mortal, a xustiza teima en derrubar vivendas, a veciñanza non perde a firmeza, as greves continuan...

 

Esta mesma tarde as listas de mortes no posto de traballo engordaban co falecemento dun vilagarcián de 41 anos. Esta fin de semana, os planos do Goberno de España para tratar de atallar os accidentes mortais de circulación seguían a amosar a súa eficacia cando se aplican nunha terra allea, en condicións distintas ao territorio no que foron e para o que foron pensados. A multiplicación de axentes sancionadores e detectores de velocidade continuan a engordar a recadación do Estado Español en Galiza. As mortes diminúen tan só nas sús propagandas.

Os traballadores da construción pararon para exixir unhas condicións laborais e salariais dignas. Non existen practicamente diferenzas económicas entre as categorías profesionais. a súa actividade. O masivo seguimento estancou as obras do AVE en Lalín, detivo o sector graniteiro no Porriño (o 75% do total galego) e consecuentemente todas as empresas que as asisten. A solución ao conflito pasa pola convocatoria por parte da Consellaría de Traballo dunha xuntanza na que sente patronal e sindicatos. Mais coma sempre, os empresarios e a súa habitual prepotencia rexeitan seguir negociando e néganse a ofrecer alternativas, co cal a fin do paro non se albisca. De novo, a cidade de Vigo concentra aos traballadores en loita. A patronal acusa de violentos aos piquetes, cala, en toques, cando se lle pregunta pola violencia que habitualmente mata a persoas no andamio.

A Xustiza ordea o derrubo dunha vivenda en Vigo. Os veciños fixeron fronte na defensa da casa diante da maquinaria que pretendía proceder a deixar sen morada á familia afectada. Á concelleira viguesa de urbanismo non puido acceder á zona coa orde xudicial que portaba pola solidaria acción dos veciños que, relevándose, non permitiron a inmoralidade. O que fixo o Concello de Vigo foi levantar acta da imposibilidade de executar a orde xudicial, por non facer nin deixar de facer. Non houbo valor para enfrontarse a tanos centos de veciños, a tantos centos de votantes. Mentres se agarda resolución, xentes chegadas doutros puntos da cidade interésanse e amosan a súa solidaridade perante un desvario máis da inxusta e inmoral Xustiza.

Para rematar o repaso de realidades que non vemos na Televisión Galega, nin ao Parlamento dialogante, botamos man dunha vella historia de colonialismo do século XXI. Serrabal. ADIF, a parte do Estado culpábel de mortes como as de Valga, chegou onte a Vedra para asinar e entregar as actas de expropiación da mina de Serrabal. Os traballadores (chegados tamén dende Cee e Sabón) concentrados ás portas do Concello de Vedra impediron, pacificamente, a entrada aos emisarios de España que viñan para rematar cos postos de traballo.

Nin palabra disto nos debates do Parlamento Galego. Non é parte do seu mundo de marabillas e catástrofes (segundo que o conte).

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis