Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

29/10/2007 GMT -2

IMOS SABENDO...

augasceives @ 20:25

conflito-reganosa.jpgPouco a pouco imos sabendo e coñecendo máis datos sobre a bomba Reganosa. Da implicación delitiva de antigos cargos do goberno galego non dubida ninguén, así como tampouco manifesta complicidade dos actuais. Agora sabemos polo Comité Cidadán en Defensa da Ría de Ferrol que a ubicación da pranta responde a intereses urbanísticos, ou o que vén sendo un pelotazo en toda regra (Ilustramos esta nova coa foto que foi premiada co "Galicia en foco" deste ano, referente ao conflito e á loita cidadán contra a regasificadora).

 

Forestal do Atlántico, empresa propiedade do Grupo Tojeiro (o que nos di nun anuncio publicitario como temos que vivir, facendo biscosa apoloxía da demagoxía máis cutre cando realmente a empresa anunciante representa xustamente o contrario do que reflite ese anuncio) e da que era socio o ex Conselleiro de Economía Xosé Antón Orza, rexistra en febreiro do ano 2001 un terreo (previamente mercado a particulares) de case 76.000 m2 por un valor de 285.000 €.

Un mes despois, marzo de 2001, curiosamente ese terreo é vendido a ...Reganosa! Da que tamén curiosamente son accionistas o tal Tojeiro, ademais de promotor, e a Xunta de Galicia, nun 10%. Prezo? Catro millóns e medio de euros, un 1552 % de ganancia nun mes.

Loxicamente, nin que dicir ten que as cantidades estas últimas non gardan nin mínima semellanza cos que se lle pagaron aos primeiros vendedores. Xosé Antón Orza, socio de Tojeiro ao tempo ca Conselleiro, fixou prezos e dispuxo de fondos públicos para executar a operación. É posíbel que de ter conta cun mínimo detalle, todo o conflito se puidera evitar, o que non minguaría as manobras delitivas e as responsabilidades penais que desta historia se desprenden. O núcleo do conflito é a localización, que é ao que se opón o CCE e a sociedade galega en xeral. Pero, de argallar esta operación doutro xeito instalando a pranta regasificadora noutro ponto, o pelotazo non sería menor.

Por se fora pouco, Luz Mariña Torrente, voceira dos veciños de Mehá que levan dende xullo pasado pechados no Concello en sinal de protesta, indicou que as presións e ameazas de expropiación foron habituais na adquisición primeira dos terreos. Nós crémola.

Nin que dicir ten que os responsábeis políticos que pasen por alto esta fraude serán cómplices da mesma.


Pranta de Gas fóra da Ría!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis