OS TRES DO EIXO INGRESAN EN PRISIÓN, E TODOS CON ELES
Catrocentas persoas asistiron esta mesma tarde á concentración de despedida dos tres veciños do Eixo, que ingresaron no cárcere de Teixeiro. Desas, a metade delas (unhas duascentas) desprazáronse até a mesma porta da cadea para amosarlles a súa solidaridade e apoio, ao tempo que esixían o indulto. Lembremos que foron condenados a sete anos de prisión e 156.000 € que xa pagaron.
O pasado 21 de outubro Compostela acolleu unha multitudinaria manifestación na que máis de 5.000 lle amosaron o seu apoio, esixindo, coma hoxe, o indulto que agora lle corresponde ao Consello de Ministros conceder.
Mais o prudente, cremos, é non confiar moito nunha "xustiza" como a española, que prácticamente nin se inmuta tra-la agresion racista na que un individuo barcelonés patea a unha rapaza estranxeira pero lle aplica unha desproporcionada pena a tres veciños que se ven envoltos nunha carga policial durante unha mobilización cidadá. Para o SUP (Sindicato Unificado da Policía) a pena é mercida.
Esta é unha boa oportunidade para que os políticos demostren que estamos equivocados os que cremos que a opinión da sociedade lles importa...


Chúzao
del.icio.us