Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

03/11/2007 GMT -8

MAÑÁ, A CORRUBEDO CONTRA O PLANO ACUICOLA DA XUNTA NORUEGUESA

augasceives @ 03:54

4n-manifestacion-nacional-en-corrubedo.jpgAo paso que imos, as fins de semana desta lexislatura van servir para ir coñecendo o noso país con mobilizacións en cada punto da xeografía galega. Non deixa outra opción este "bipartito do cambio". Non nos deixan alternativa á cidadanía máis dicírllelo na rúa, xa que nos despachos fan o queren sen atender razón, que saiban que o fan sen o consentimento do pobo. Sen o consentimento dos donos dos recursos naturais que estes impresentábeis poñen ao servizo das multinacionais.

 

O Plano Acuícola deseñado pola Xunta non é máis ca un plano encuberto das multinacionais norueguesas que pretenden asentarse na mellor costa de Europa, na máis rica e produtiva para encher os seus petos esnaquizando o noso litoral. Todo coa complicidade do noso propio goberno, que por se fora pouco, vai facer de paraugas das críticas. Torpes!!

A nosa reacción canalízana ducias de grupos ecoloxistas, de asociacións de mariscadoras e afectados, confrarías, 1.000 alegacións presentadas e máis de 10.000 sinaturas contra este novo intento de rebentar o noso litoral, o máis prezado de todo canto temos. A nosa reacción vaise plasmar mañá en Corrubedo, na Manifestación Nacional (non todas teñen porque ser en Compostela) contra o Plano Acuícola da Xunta que partirá dende o Porto para ir cara o Faro.

A resposta popular vana simbolizar os catro lectores do manifesto, ben coñecidos por todos e tamén polos culpábeis: Patricia Vázquez, Antón Reixa, Xosé Manuel Beiras e Luis Tosar. Vanlle dar voz á resposta popular contra este fraudulento goberno, contra esta Consellaría de Medio Ambiente que máis parece de destrución ca de protección, contra esta Consellaría de Pesca que mira polos intereses de todos agás polos dos nosos mariñeiros, contra esta Consellaría de Política Territorial que entende o territorio como un espazo a destruir libremente en nome do progreso. O beneficio duns poucos, de novo, destrue o común. O goberno, outra vez, consínteo e promóveo. Todas as historias se repiten, mudan os protagonistas e as localizacións, pero nunca o argumento.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis