Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

CausaGaliza

07/11/2007 GMT -3

CONSUMAN A AMEAZA

augasceives @ 19:12

ferrol300907.jpgA ameaza Reganosa recibíu hoxe licenza comercial definitiva que lle permite entrar en funcionamento e inserirse no que eles chaman "sistema gasístico nacional" (enténdase, español). O Ministerio español de Industria foi o responsábel último de autorgar o documento que da vía libre á legalización da bomba da Ría de Ferrol e ao permante estado de alerta máxima para os veciños da comarca. Perigo de morte.

Poderiamos facer referencia agora a múltiples aspectos moito máis relevantes ca o que vamos expor, pero serían repetitivos e de sobra coñecidos. O xa citado perigo constante, a delitiva instalación en Punta Promontoiro, a resistencia veciñal e maioritaria oposición social, o detestábel consentimento institucional, a incríbel culpabilidade gobernamental, etc... Pero reparemos no tratamento que os medios empresariais lle outorgan no dia de hoxe a esta nova. Así se xustifican as subvencións. A televisión pública galega acubíllao entre o resto de novas, cun breve comentario ambientado con imaxes aéreas da ría, sen sitio entre os titulares e cunha pasmosa parcialidade. Son odiosas as comparanzas, pero non podemos menos ca citar, por asociación mental, que nos lembrou a aquel famoso minimonólogo de Alfredo Urdaci dando cumprimento á sentenza que condeaba a TVE por manipulación informativa, lembremos aquel "ce-ce-o-o" sobre fondo negro...

Por suposto, ningún espazo nin atención á oposición simbolizada en múltiples e masivas manifestacións nin no encerramento que os veciños de Mehá levan no Concello dende hai varios meses. Satisfeitos os culpábeis, nin tan só un pouquiño diminuirá a intensidade opositora. Citemos aos accionistas e promotores, verdadeiros responsábeis encabezados por Roberto Tojeiro, presidente do grupo que leva o seu nome e principal implicado na operación especulativa que deu coa ubicación definitiva da pranta. Ségueno co 21% do capital cada unha Endesa e Unión Fenosa (que dicir de verdadeiras malfeitoras e agresoras do noso medio, usurpadoras de ríos e por enriba de todo servidoras dun servizo deficiente); o Grupo Tojeiro acumula un 18% (del é, por exemplo, Gadis, obxecto dunha operación de márqueting de grande suceso para lavar a imaxe do individuo Tojeiro de face á sociedade galega); a arxelina Sonatrach comparte coa Xunta de Galicia a porcentaxe de participación (o 10%) e tamén o interese por este país (o 0%). Cun cativo 5% están Caixa Galicia, Caixanova e o Banco Pastor, que para iso se lucran cun feixe de comisións ilegais e abusivas para logo investir en obras sociais, como por exemplo esta, da que curiosamente non fan campañas de publicidade grandiosas presumindo de accionistas. Serán sabedoras de que terían un rexeitamento social practicamente total?

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis