Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

# Augas Ceives

pola nosa lingua_en pé

30/11/2007 GMT -3

O BURATO DE PUNTA LANGOSTEIRA

augasceives @ 17:11

Vista aérea do P.E da CoruñaEn Punta Langosteira (A Coruña) hai un burato, un burato que está cobrando vidas de traballadores, traballadores que están a construír o chamado Porto Exterior, un Porto Exterior que pasa por ser para Paco Vázquez o que a Cidade da Cultura foi para Fraga, un Fraga que onte víu como en Compostela rexeitaban darlle o seu nome a unha rúa... 

 

Esta semana falecía o cuarto traballador dende que comezaran as obras do Porto Exterior coruñés, un cifra inasumíbel para calquera sociedade que se di do primeiro mundo. O ritmo das obras, ditado dende Madrid, provoca que as condicións de seguridade diminúan considerabelmente e os riscos laborais se multipliquen. A UTE adxudicataria das obras, e toda a conseguinte cadea de subcontratas, apura os traballos sen ter en conta as condicións de seguridade, violando os dereitos dos traballadores en moitos casos. Denuncian os representantes sindicais que os traballadores chegan a acumular máis de dez horas de traballo diarias e que están sometidos a presións para que non denuncien a situación. U-la novidade? Os propios obreiros xa pararon as obras en sinal de protesta por esta sangría, para esixir que se depuren responsabilidades que se investigue á Autoridade Portuaria, pero a Inspección de Traballo, que sempre aparece despois de que se produce algunha morte ou accidente grave, ordeou seguir co mesmo ritmo.

Esta caste de delincuencia legal, de terrorismo patronal causa vítimas sen que estas fagan o ridículo en asociacións fascistas que gozan do favor dos grandes medios de manipulación empresarial. Estas vítimas morren e son soterradas sen as atencións nin honras do Estados, sen que as súas familias teñan á súa disposición avións das Forzas Aéreas, sen que ao Estado se lle ocorra concederlle medallas póstumas a calquera mérito...

As obras estatais, así como as súas deficiencias, están a causar mortos a esgalla en Galiza. Non esquezamos tampouco os traballos do AVE. Todo polo interese partidista de pórlle data ao remate das obras e poder así facer fotos días antes das eleicións. E fronte a isto que temos?

...Pois temos ao BNG mercadeando dignidade por fotos, tráficantes de pactos que permiten que a principal responsábel de todo isto siga no seu cargo impunemente e mofándose de toda Galiza.

Comentarios non permitidos para este Post

Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis