Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

06/12/2007 GMT -3

CATRO MANIFESTANTES DETIDOS

augasceives @ 19:52

A monarquí militar en chamas, Vigo 6 de Nadal de 2007 

Poderemos contrar cunha crónica máis extensa e detallada da manifestación nacional pola autodeterminación desta mañá, pero os medios e as posibilidades son limitadas e hai que ir paseniño. Polo momento, podemos adiantar o máis urxente do acontecido. Catro manifestantes detidos logo da manifestación pola presunta queima dun retrato en cartón dun cidadán español. E velaquí unha das razóns polas que rexeitamos esa Constitución, a española. A que garante a liberade de expresión e a igualdade entre os cidadáns. O cidadán do retrato é o Xefe do Estado, designado por outro que o foi tras un levantamento militar.

 

"Inxurias á Coroa" é co que nun primeiro momento se especulou que podía ser acusados. Este extremo non se confirmou e contra a noitiña, os catro detidos foron postos en liberdade con cargos tras unha concentración popular e case espontánea fronte á comisaría de policía na que se atopaban secuestrados os catro membros da formación independentista Nós-UP.

As Forzas de Seguridade do Estado Español non podían deixar de respostar a esta mobilización popular en contra da "norma fundamental" española que non é máis ca o instrumento de opresión dos nosos dereitos nacionais.

a resposta galega fronte á Constitución Española

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis