Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

CHÁMANLLE DEMOCRACIA

augasceives @ 13:57

Contamos de novo coa colaboración de Anxo Berres desta vez o seu artigo fala ,coma testemuña que foi, da manifestación nacional do 6-D e de todo o que sucedeu o redor dela. Lonxe da intoxicación dos medios do sistema a sua voz érguese para denunciar ben alto e claro o acoso que seguen a sofrer os que deciden sinalar e apontar co dedo as miserias da democracia meseteira.

  

A tarde amosábase apetecíbel pa compartir unha boa sobremesa con compañeiros e compañeiras de luita logo da manifestación nacional e dun bon xantar pero trocaron os nosos plans cando nos comunicaban a última actuación represora das forzas de ocupación, os valentes españois acababan de deter a catro compañeiros cando estes ían cara o seu autocarro lonxe do resto de participantes da manifestación e das cámaras dos desinformadores. A respota xurdíu dende ese mesmo intre para unha outra vez facer fronte a sua represón, preparáronse faixas e arredor das 17.30h. mais dun cento de persoas estabamos presentes nas inmediacións da comisaría da policía española, rua Pintor José Frau, con berros reivindicativos que non remataron ate que as 20h eran ceivados con cargos os catro compañeiros. Á chegada dos que participamos na concentración de reposta os represores cargaron para evita-la, porén as persoas que nos desprazamos ate alí non queríamos deixar sós os detidos e logo do recibimento dos torturadores situámonos na beirarúa de enfronte cara a cara cos funcionarios adestrados para manter a orde e a lei impostas dende a meseta.

.fronte-a-fronte.jpg

 

A desinformación da imprensa empresarial encargouse, coma sempre, de facer o resto do traballo sucio os/-as demócratas, eses e esas que enchen a boca falando do seu estado do benestar, da liberdade e da paz democrática e que miran po outro lado cando os pasaruas de certas asociacións españolas van ateigados de bandeiras rojaigualdas co polo. Está claro que estes mesmos que pasean eses trapos polas ruas españolas son intocábeis porque foron os mesmos que no pasado decidiron o futuro que pasa polo continuismo da implantación obligatoria das ideas e ideais españolistas. Nós nembargantes recibimos o tratamento de terroristas en tódalas facetas da nosa vida ate cando asistimos a concertos de grupos musicais perseguidos polos mesmos e mesmas que ondean eses trapos tamén somos chamados/-as terroristas.

A manifestación nacional apenas tivo eco na sua imprensa, os/-as desinformadores só citaron a queima e foron poucos os que falaron da resposta popular ó chamamento de participación na manifestación nacional feito por Causa Galiza. O “Pola autodeterminación non á constitución española” non ten cabida no guión escrito polos que venden e defenden a consitución española do 78´, para estes temas a sua táctica é a de criminalizar os/-as que non queremos viver neste estado unitario e represor que nada quere saber da vontade dos pobos.

Causa Galiza ten moito camiño por percorrer, son novos tempos de luita mais tamén de represón e coma sempre seguiremos en pé contando as nosas verdades porque endexamais nos calarán!

 

Adiante sempre na luita!!

Viva a Galiza Ceive e Popular!!