Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

11/12/2007 GMT -5

DOUS REXEITAMENTOS AO PLANO ACUÍCOLA: O DO PARLAMENTO E O DO POBO

augasceives @ 19:12

O Plano Acuícuola que a Xunta pretende aprobar (din que para comezos do vindeiro ano) conta ao seu redor con todo o rexeitamento da sociedade galega. A proba é que recibíu 1001 alegacións, como as mil e unha noites ás que o goberno galego ten a indecencia de despachar permitíndose, cinicamente, dicir que é unha mostra de interese e participación social, para nada rexeitamento!

 

De citar as razóns a este rexeitamento basta dicir que prima os intereses unicamente de certas multinacionais norueguesas (como Stolt Sea Farm e as súas piscifactorías) e para nada atende á defensa do territorio, especialmente da nosa costa. Claro está que non se sitúan aí todas as razóns para rexeitar este plano, están como non as da oposición do Partido Popular, máis pecualiares. Láianse estes de que, ao contrario ca eles, non poñen tantas piscifactorías como eles tiñan pensado en plena Rede Natura... "Non hai outra solución", dicía un tal Balseiro, seica voceiro de Pesca do PP.

Onte foi obxecto de debate na Comisión de Pesca, e aí quedaron en evidencia as posturas de cada un, agás a da sociedade. Agás a do rexeitamento real do pobo, que non atopa oco no Parlamento, que din que é onde se atopan os representantes do mesmo.

Vénnos a confirmar isto que o verdadeiro Parlamento, a verdadeira representación do pobo é a rúa. Aí é onde se manifestan as posicións do pobo (que non as populares). Que fai o poder político para ignorar a voz da sociedade? Cal é a arma que ten para seguir mantendo o mando?

...que cada un propoña a súa propia teoría. Para expor a nosa botamos man dun imaxe:

resposta do poder contra as mobilizacións contra Reganosa en Ferrol, mes de maio pasado

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis