Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

16/12/2007 GMT -1

CRIMINALIZACIÓN

augasceives @ 14:47

A detención nos últimos días de tres mozos en Portosín, aos que se lle incautou diverso material e artefactos explosivos, está a servir de argumento para as máis disparatadas ocurrencias da imprensa empresarial e para que as institucións gaben os métodos represivos das Forzas de Seguridade do Estado. Pero sobre todo, está a ser utilizada para criminalizar a todo o movemento independentista galego, parte do cal xa amosou a súa solidaridade cos detidos mediante concentracións.

 

Amosar unha visión crítica arredor das dubidosamente democráticas formas da Policía Española non implica necesariamente xustificar a violencia, polo que, dito isto non é preciso nin adicar un minuto máis a alucinar co que algúns/unhas autoproclamados xornalistas están a dicer e escribir. Máis ben encaixarían nas seccións de humor dos seus tebeos subvencionados.

Aos tres mozos váiselles xulgar co mesmo instrumento ca o que foron xulgados os asasinos de ETA ou os que "voaron" tres estacións de tren na cidade española de Madrid. A Lei antiterrorista, que é o xoguete favorito da Audiencia Nacional española permítelles manter illados (secuestrados) aos tres detidos. Ao abrigo desta lei, ten denunciado o organismo Amnistía Internacional que se practica impunemente a tortura por parte das Forzas da Orde españolas. A xustiza española será a que xulgue a quen cometeu ese suposto delito en Galiza. É xusto iso?

Estanse a aproveitar as elites da imprensa e da política institucional para criminalizar a todo o independentismo galego, inventando supostos vencellos con grupos terroristas doutras terras e incluso actualizando, por parte da Unión Federal de Gardas Civís (UFGC) aquela teoría do Aznar dos autores intelectuais. Cómico e á vez dramático circo o da "Xustiza" e a "Democracia" española á que estamos sometidos.

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis