Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

21/12/2007 GMT -1

OBXECTIVO: OFICIALIDADE

augasceives @ 09:40
siareirs-galegs.jpgContinua a táctica fascista de criminalizar a todo colectivo que defenda anceios de liberdade para os seus pobos. Desta vez o branco de todo o lixo que están verter está a ser SS.GG, colectivo espallado por todo o país e que se asenta en mais de dez asembleas comarcais que estes días, a pesar da intoxicación  dos medios de desinformación, están a traballar arreo dende as suas áreas de actuación pa recordarlle a todo o mundo que o obxectivo final é a oficialiade.

 A pesares da manipulación dos que dende fai case que trinta anos puxéronse o traxe de demócratas e que con el continuan a tapar bocas, agora utilizando a xustiza da A.N.(a outra forma de facer política no estado español) e coma non o cárcere, e que sempre incrementa cando a luita sáe a rúa SS.GG segue coa sua campaña de reivindacación o longo e ancho de toda a Galiza. A manifestación nacional do vindeiro xoves 27 en Vigo a partir das 20.15h está a ser cercada polos fascista da pluma que dende a imprensa impresarial tentan boicotear a xornada de reivindicación que para os milleiros de siareiros e siareiras da Galiza representan os partidos amigábeis das seleccións nacionais galegas de futebol feminina e masculina. Tanto dá o rival a importancia está no obxetivo a conquerir: o que coma pobo nos pertence...OFiCiALiDADE

A xornada do vindeiro xoves 27 está a ser traballada dende as asembleas comarcais de SS.GG con palestras, concertos e a proxección do dvd que acaba de editar o colectivo que traballa pola oficialidade e que recolle estes dez anos que leva en pé de luita. Destacan os actos de Pontevedra e Cuntis,que ademais da proxección do dvd contarán no primeiro cun concerto de Sekia Na Ria e no segundo ,que SS.GG coorganiza co colectivo O´Fervedoiro, haberá unha palestra na que estarán coma convidados un membro da asemblea comarcal de SS.GG en Compostela e o ciclista do Karpin-Galiza Ezequiel Mosquera. Estes son os actos que ainda quedan por realizar e que deseguido apuntamos: 

Ordes
Venres 21 de Decembro
Às 21h00 no Pub Arcos

Ponte Areas
 Venres 21 de Decembro
às 21h00 no C.S. Baiuca Vermelha

Catoira
Sábado 22 de Decembro
às 19h00 no Bar Galeria

Cuntis
Sábado 22 de Decembro
ás 19:30hh na Casa da Cultura Roberto Blanco Torres
Co-organiza:  A.C. O Fervedoiro
 

Lugo
Sábado 22 de Decembro
às 17h00 no CS Madia Leva   

 Ponte-Vedra
Sábado 22 de Decembro ás 21:00hh
C.S. A Revira (R/ Arcebispo Malvar, 33 rés do Chao)

EN LUITA POLA OFICIALIDADE!!!!!

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis