COMBATE DENDE A TERRA
AMI comeza unha campaña co fin de alertar sobre a continua marcha dos nosos xóvenes detrás de contratos laborais a Madrid ou as Canarias. Intentan concienciar á xuventude galega e facer que non nos esquenzamos, mais unha vez, de quenes seguen a vender discursos progres e éxecutan políticas neoliberias, dos que cultivan a Cultura dun País sementando millóns de cemento no Gaiás ou dos que consinten que sigamos a ser unha Terra asoballada.

A continuación reproducimos o texto que acompañou ó cartaz na presentación da campaña:
" Da AMI decidimos iniciar umha campanha contra a emigraçom com o intuito de denunciar o aumento progressivo de jovens que deixam o País nos últimos anos. Esta campanha, como tantas outras, poderia levar o cabeçalho-legenda de Estam@s fart@s de ser umha colónia, porque no substancial, ainda que na imprensa se fale de umha nova emigraçom o problema é velho e já conhecido.
75 000 galegos e galegas abandonárom Galiza na procura de um contrato laboral fora. Os destinos principais de acolhida som Madrid e Canárias. A cifra indica um aumento do 68% na taxa de emigraçom.
Da AMI queremos conscienciar à mocidade de que a emigraçom nom é a soluçom a nengum problema. A precariedade, a falta de emprego ou de futuro nom som cousas que apareçam do ar, têm porquês e culpáveis que queremos denunciar. Isto deve ser combatido e denunciado desde a própria Terra, nom desde fora. O futuro da mocidade galega é a que ela própria tem que decidir, na Galiza e nom seducida pola ideia de "mocidade emprendedora e viajeira " que o poder nos oferece."



Chúzao
del.icio.us