A RELACIÓN DOS MEDIOS SUBVENCIONADOS E O PODER
Rexístranse movementos no Parlamento Galego. Entre as políticas que o bipartito gobernante decidíu prorrogar, herdadas da etapa fraguista, está a de mercar escandalosamente o favor e a fidelidade dos medios de comunicación. Sáltanse todos os criterios legais que regulan a concesión de axudas públicas a empresas de "comunicación" e subvencionan con cantidades económicas desorbitadas a medios da imprensa empresarial que desprezan o galego.
Grazas a isto, a imprensa empresarial subvencionada actuou de altofalante das políticas propagandísticas da Xunta (cada un segundo a súa afinidade a unha ou outra ala do goberno) e silenciou magnificamente outras novas incómodas para o goberno galego. Conflitos nunha e noutra punta da nación, loitas populares fronte a aberracións medioambientais, escándalos sociais como o plus dos altos cargos, colapsos no sistema sanitario, etc.
O Sindicato de Xornalistas de Galicia foi o que propiciou (ao abeiro da súa campaña "A miña precariedade é a túa desinformación"), que no Parlamento Galego se presentara unha proposición non de lei a debater nas vindeiras datas. Esixirase que as subvencións públicas ao medios vaian vencelladas ao emprego estábel.
Temos que desconfiar, como non, de todo isto. A ollos de calquera cidadán obxectivo as subvencións públicas aos medios da imprensa empresarial están encamiñadas descarademente a manter o seu favor. Todo malia ter recoñecido o Secretario Xeral de Comunicación "non estar satisfeito" coa presenza do galego precisamamente nestes medios.


Chúzao
del.icio.us
