SUMA E SEGUE
Mañá, venres 1, trece! O decimo terceiro gaseiro chegará mañá á Ría de Ferrol para vaciar a súa perigosa carga na bomba Reganosa. Como non podía ser doutro xeito, ha ter resposta popular en forma de cacerolada, pero non só...
Aquí o comunicado que nos enviou a Asociación Fuco Buxán:
Ante a próxima chegada do gaseiro nº 13 cara a ilegal e perigosa planta de gas de Reganosa, coa sua carga de GNL, este Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol
CONVOCA
Unha cacerolada – tamboreada para o
Venres, 1 de febreiro, ás 11 da mañá.
Diante do edificio da Autoridade Portuaria Peirao de Curuxeiras - Ferrol,
Para logo desplazarse a o Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, Plaza de España.
Características do buque: LNG SOKOTO, Bandeira de Bermudas, Eslora: 288,75 m. Manga: 48 m.
Os actos non rematan aquí. Para o sábado 2 queda o espectáculo:
SABADO, 2 DE FEBREIRO: ULTRANOITE EN DEFENSA DA RÍA
Este sábado 2 de febreiro, ás 20:30 horas, o centro sociocultural Torrente Ballester (Ferrol) acollerá o espectáculo colectivo "Ultranoite en defensa da Ría", producido pola Rede de Acción Sociocultural Arredemo e Burla Negra, a modo de homenaxe aos veciños/as de Mehá e á xente do Comité Cidadán de Emerxencia, é como denuncia da actitude servil a intereses económicos particulares manifestada polos gobernos da anterior e da actual lexislatura, e que se traducen na imposición da planta regasificadora contra os intereses da cidadanía e do ben común.
O espectáculo contará coa participación, entre outros, de: Chévere (Mónica García, Miguel de Lira, Xesús Ron...), Carlos Santiago, Espido (Guadi Galego e Guillermo Fernández), o Mago Romarís, Os da Ría, Clara Gayo, A Caricia da Serpe (Lino Braxe, Rómulo Sanjurjo), Volta e Dalle (Pepe Penabade, Comba Campoy...), o colectivo de circo Pista Catro, Rebeca Montero, e os músicos Bernardo Martínez, Xoan Piñón, Xaquín Blanco, Suso Alonso e Xabier Olite, coa actuación estelar das "cantareiras e cantareiros de Mehá".
¡ PLANTA DE GAS FORA DA RÍA!
Como sempre, esta é unha loita que non atopa cabida nos medios de comunicación subvencionados, dos que falabamos onte. A razón é ben simple e a ela aludiamos tamén onte, trátase dun conflito incómodo para "os tres do Horreo", pero no que tanto PSOE como PP e BNG están dacordo. Dende aquí o noso apoio e a nosa admiración para a xente da cultura (actores, actrices e demais) comprometida e que da a cara. Tamén estarán decepcionados cos que foron canda eles nas manifestacións de Nunca Máis pero que agora, coa chegada ao poder, se te vin...


Chúzao
del.icio.us
