BRILAT FORA
O independentismo galego continua esixindo a retirada das forzas de ocupación da nosa nación. As suas reivindicacións seguen a ser combatidas pola maquinaria represiva española que procura trocar a tradicional cultura da porra e as pelotas de goma por outro tipo de métodos represivos menos visíbeis pero igual de contundentes no seu afán por manter a nosa terra asoballada.
O que se deu en chamar coma represión de baixa intensidade, sen tortura física, está sendo empregada pola policia española coma nova arma pa facer fronte o movimento soberanista galego. As identificacións e rexistros cando @s militantes arredistas atópanse colando cartaces na rúa xa son habituais dun tempo a esta parte. As políticas de acoso e persecución utilizadas polas forzas de ocupación avanzan nas suas tácticas represivas, porén seguen a buscar os mesmos obxetivos: criminalizar o movimento independentista, meter o medo no corpo a todo o entorno da militancia (familiares, amig@s...), e seguir amosando a face mais ruín dun Estado que emprega métodos antidemocráticos pa fechar as bocas dos inimigos da sua patria.
Días atrás, como denuncia o organismo antirepresivo CEIVAR, na cidade do Lérez deron boa mostra diso. Tres xóvenes, militantes de Briga, foron identificados cando se dispoñian a pendurar dunha das pontes da cidade unha faixa que reclamaba a retirada da BRILAT da Galiza e o fin dos xuicios políticos. Apuntan que estes mesmos métodos non son utilizados cando, por exemplo, son os membros do sindicato español CC.OO os que colgan as faixas. Tamén o pasado domingo no estadio de Pasarón varios siareiros que sacaron unha faixa con semellante reivindicación e que foi acompañada con cánticos, foron levados pola policia española fora da bancada pa ser identificados. O comité de antiviolencia suxire a subdelegación do goberno español en Pontevedra unha sanción de 4000 euros e prohibición da entrada en eventos deportivos durante seis meses a cada siareir@ antimilitarista.
A política de identificación e sanción económica servirá no seu dia pa cando o Marlaska de turno considere oportuno abrir investigación, de seguro que alentado por demócratas dos diferentes partidos que aniñan tanto no congreso de Madrí como na madrigueira do Hórreo, e esixa os funcionarios adestrados que executen a orde de rexistro pa que atopen probas que vinculen a estas persoas cunha “organización pantasma”.
Esta é a nova misión da policia do S.XXI que adica o tempo a perseguir o que durante mais de setenta anos os seus antergos non foron quen de acadar a base de paseos.
FORZAS DE OCUPACIÓN FORA DA GALIZA!!!


Chúzao
del.icio.us
