Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

en galego

05/02/2008 GMT -5

TERRORISMO POLICIAL, TERRORISMO IMPUNE

augasceives @ 10:25

violencia policialNon hai tregua. A represión policial violenta contra calquera movemento popular en Galiza continua, xa sexa Entroido, Nadal, verán ou inverno. O pequeno aprendiz de fhürer Ameijeiras segue a recetar "máis madeira", desta vez tocóulles aos mariscadores que se manifestaban máis ca pacificamente na Ponte da Pasaxe (A Coruña).

Tres persoas resultaron feridas pola brutal e desproporcionada carga policial. Un deles, con problemas cardiacos, con contusións nas mans e na cabeza! Non hai distincións para os androides salvaxes cando se trata de facer o que mellor saben: sementar violencia e cobrar vítimas.Logo dos feitos, os mariscadores decidiron mudar a súa forma de actuación. A partires de agora levarán a cabo as súas mobilizacións sen avisar previamente á Delegación do Goberno. Solidarizámonos con eles e entendemos perfectamente esta nova medida, que apoiamos totalmente. Non é rendíbel avisar aos que che van mallar!


As protestas son continuas dende que comezou 2008 e continuarán, segundo confirmaron, mentres a Consellaría de Pesca non se sente a negociar un novo plan de rexeneración. O actual considera axudas de 82 euros diarios durante 48 días no primeiro semestre de 2008 como compensación pola paralización.

 

Dende AugasCeives comezaremos unha campaña nacional para levar a Manuel Ameijeiras á Audencia Nacional de Madrid. É de xustiza que Grande Marlaska ilegalice a Delegación do Goberno en Galiza por relación directa con banda armada!!

 

manuel ameijerasgrande marlaska

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis