Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

INCIDENTES NA FACULTADE DE ECONÓMICAS

augasceives @ 11:42

manifestantes antes da conferencia de M.S.G. na USC, 12-02-08A USC organizou un ciclo de conferencias que abríu esta mañá María San Gil, presidenta do PP en Euskadi e cara da ultradereita máis pechada e españolista desa formación política. Non achamos por ningures o interese que poida ter esta conferencia na Facultade de Económicas de Compostela, a non ser por algunha escura manobra en tempo preeleitoral. Con todo, varios estudantes concentráronse ás portas para recibir con apupos a San Gil e facerlle ver así o rexeitamento ao que representa.

Escoltada de xeito desproporcionado por matóns a soldo, entrou a comitiva pola forza contra toda resistencia que se atopara diante. As puñadas e as agresións comezaron no balbordo e varios feridos, dun ou doutro bando segundo as fontes que informen, foi o resultado da lea. O que non cremos, de ningún xeito, é a versión parcial e intencionada dos medios subvencionados de sempre.

María San Gil é a cara do fascismo reaccionario do Partido Popular, e a USC é cómplice se organiza mitins deste tipo en plena precampaña eleitoral. Mais estamos certos que estes feitos a aledaron moito e supoñen azos que alimentan os seus disparatados argumentos. Non hai máis ca ver como tratan a nova nun dos seus portais de cabeceira, o ultrafascista LD: "Medio centenar de estudiantes independentistas ha intentado agredir a la presidenta del PP del País Vasco, María San Gil, antes de pronunciar una conferencia en la facultad de Económicas de Universidad de Santiago de Compostela. Un escolta y dos policías resultaron heridos". Ademais, recollen un comunicado do PP no que se di: "Es una demostración más de cómo, también en Galicia y Cataluña y no sólo en el País Vasco, los exaltados y los extremistas están fortalecidos y se sienten cómodos para ejercer su presión sobre los demócratas".

Non son sorprendentes estas afirmacións. O que se afirmamos desde AugasCeives é que é o recibimento perfecto para eles, o que o PP desexaba. Seguro que estarían bastante menos cómodos e non terían para darlle repercusión a estes feitos se a manifestación se producira na propia conferencia preguntándolle á Presidenta do PP vasco por determinadas cuestións. Deste xeito, poderase xa autoproclamar vítima do terrorismo. Sabido é que o que ía trascender serían os intentos de agresión dos mozos aos pobres escoltas indefensos é a representante da convivencia e da liberade, por moito que entre os estudantes houbera vítimas. Sabemos que a violencia a usan eles, mais non podemos esquecer que contan cos instrumentos necesarios para darlle a volta aparecer como vítimas aos ollos da sociedade.