Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Ó SERVIZO DO PODER

augasceives @ 12:29

xustiza.jpgO xuiz do Penal número 1 de Pontevedra ven de dictar un auto exculpatorio dos cinco acusados de prevaricación urbanística no concello de Caldas. O ex alcalde da localidade caldense, José María Tobío, o actual rexedor, Juan Manuel Rey, e outros tres concellales do grupo de goberno enfrentábanse a penas de dez anos de inhabilitación, coma sempre esta inxuztiza manipulada volta a deixar impunes os que destruen coas suas actuacións a nosa Terra, eles o igual cos seus soci@s do capital seguirán enchéndo os seus petos grazas a manobras escuras que respaldan as suas accións.

 Os feitos remóntanse o ano 2003, cando o anterior goberno socialista concedera seis licencias para o funcionamento de naves industriais na parroquia de Saiar. A pesar de contar cos informes contradictorios presentados tanto polo asesor xurídico coma polo aparellador do concello, o goberno local deu a licencia a estas naves, pois segundo declarou o ex alcalde “logo de consultar con outros técnicos e obter outra lectura da situación decidimos tomar a decisión mais beneficiosa para os afectados pois as naves xa estaban construidas pero carecían de licencia” . Namentres o cerco desta xustiza ten o seu punto de mira posto na ilegalización de discursos molestos para os ouvidos dos seus amos, os que din representar o pobo seguen a dinamizar a economía de empresarios os que só lles interesa esta Terra para mercadear cos seus recursos, os recursos de todas e todos @s galeg@s.  Por exemplos coma este, dende Augas Ceives unímonos o chamento que fan mais de medio cento de colectivos do país que fartos desta farsa piden a nosa presenza este vindeiro domingo 17 de febreiro en Compostela pa berrar ben alto e forte que a GALIZA NON SE VENDE!!!