OUTRA VÍTIMA MAIS...
Contamos unha outra vez coa opinión do noso compañeiro Anxo Bérres, logo dun novo áccidente laboral producido nas obras dunha infraestructura pagada cos cartos de todas e todos e que tamén as están a pagar a vida e a saude dos operarios.
Un novo accidente laboral, outro na rede de infraestructuras da que tan orgullos@s se mostran @s gobernantes con representación na materia. Véndenos o avance, inauguran asfaltos que gardan tras de sí mais dunha vítima polos curtos prazos marcados, máxime cando a volta da esquina están unha eleicións, as subcontratas a pesar das novas normativas reguladoras da materia seguen a encher e compretar as obras. Namentres as obras do AVE, as do porto exterior de Punta Langosteira e agora as da autovía do Salnés fanse ademais do conglomerado habitual, coas vidas e sangue de operarios que na procura do seu pan de cada día vense expostos a todo tipo de perigos e riscos que no peor dos casos rematan co fin dos seus dias.
Onte era o pé dun operario que nas obras da autovía do Salnés quedaba baixo o peso dunha enorme excavadora. Coma sempre descoñécense as causas, loxicamente no haberá reponsábeis.Porén seguirá habendo ministr@s e conselleir@s que continuen inaugurando co seu amplo sorriso estas obras, nada se sabe de quen respostará por unha outra vítima mais. Depende de onde procedan os tiros ocuparan ou non portadas, telexornais, homenaxes, magnolias de correos… Este é o mundo no que nos fan viver e no que co engano dos cúmplices manipuladores seguen a medrar as contas correntes dos verdadeiros amos deste sistema, mais preocupados nos resultados da bolsa que na seguridade d@s seus operari@s. Na rúa unha outra folga xeral será criminalizada, os convocantes sindicais xulgados por outra acción directa que tenta chamar a atención dun mundo que non mira para os problemas reais dos pobos e que só vai ben para aqueles que dende os sillóns dos rañaceos de castellanas ven aumentar os seus beneficios anuais a conta de limitar os dereitos d@s traballador@s.
Esta é unha guerra que nos veu dada, que endexamais escollemos. Non debemos deixar a un lado as ferramentas de autodefensa das que podemos botar man, non debemos tragar mais a sua represión, nen cos seus catálogos de boa conducta, nen con todo aquelo co que nos continuan a asoballar. En nome do avance do capital nen unha vítima mais!!! Nen un paso atrás na luita operaria!!!
Terrorismo patronal=Terrorismo de estado!!!


Chúzao
del.icio.us
