Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A DECANA REPRESORA

augasceives @ 13:36

decana-represora.jpgA decana da Facultade de Económicas da USC,Cancelo Márquez, esixe a ilegalización do sindicato estudantil AGIR o que culpabiliza duns feitos que apoiados pola a intoxicación dos manipuladores defiren bastante do que é a versión d@s estudantes que mostraron a sua repulsa a presenza da simboloxía fascista na USC. Coma sempre as ilegalizacións son a arma da que pretenden botar man @s fascistas.

  Dende o sindicato independentista e de esquedas, AGIR, piden que se demostre se eles convocaron @s estudantes presentes no boicot o acto eleitoral da dirixente represora da dereita española. Falan que entre @s presentes había estudantes de diferentes sindicatos e posicionamentos políticos, que tod@s coinciden na repulsa fronte a unha dirixente que representa a toda esa trama das ilegalizacións e encarcelacións @s que están sendo sometid@s toda a esquerda abertzale. A solidariedade do estudantado galego coa causa basca non pertence a nengunha sigla sindical nen partidista en particular, pertence a un pobo que sabe de primeira man como son as tácticas fascistas do nacionalismo español. 

A decana súmase a voz d@s represores españois, que baixo a táctica das ilegalizacións continuan a pechar bocas alí onde as xentes das nacións asoballadas érguena para denunciar o actual Estado de excepción. Criminalizar os movimentos soberanista galego, basco e catalán é obxetivo prioritario. Falar de que os agredidos foron os escoltas que ían armados nun centro educativo (iso sí que é ilegal!)  e non o estudantado que alí estaba presente(coa palabra coma arma) é unha mostra mais da manipulación coa que seguen a querer trocar a realidade existente. A mesma decana esixeu a presenza dos antidisturbios na USC. Vendo as formas coas que esta represora que habita na USC, que non é a única, e como tratou o tema non é de estranar que continue coa sua teima ate o fin, e así poder conseguir que @s mais de trinta estudantes que manifestaron a sua repulsa pola presenza da dirixente fascista sexan expulsa@s da USC para non voltar escoitar verbas contrarias o sermón españolista.

 Dende AugasCeives queremos mostrar a nosa solidariedade cos compañeir@s de AGIR e con tod@s aqueles estudantes presentes o pasado martes, a luita continua sempre!! 

FASCISTAS FÓRA DA USC!