Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

MANIFESTACIÓN NACIONAL CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

augasceives @ 08:54

cartaz da manifestación de GNSVA Rede Galiza Non se Vende convoca para o vindeiro domingo 17 de febreiro unha manifestación nacional contra a destrución do territorio. A palabra nacional adquire aquí o seu sentido máis amplo pois a plataforma está composta por máis de sesenta colectivos de toda Galiza. Prevese numerosa, pois van estar reflitidos en Compostela todas os problemas e conflitos nos que o capital e a indecencia gobernamental van estar representados.

Este é un bo exemplo de cidadanía autoorganizada sen manipulacións partidistas, só co obxectivo de defender a terra, contra todo e contra todos os que ousen ameazala. Non haberá políticos, nin bandeiras de partidos, non haberá polo tanto atención mediática. Só haberá mani-festa-acción (como dende este colectivo afirman). Sen dúbida, exemplar GNSV polo artellamento de todo o movemento ambientalista galego, por enriba de colectivos máis ou menos fortes e afíns. Asinade o manifesto e por suposto, tod@s a Compostela!