RESPÓSTALLES EN GALEGO
O Foro da Mocidade de Vigo está a impulsar unha concentración de repulsa hoxe mércores día 20 ás 19.45 horas no teartro García Barbón con motivo da presenza neste coñecido teatro olívico do colectivo "Galicia Bilingüe" que anda polo noso País adiante recollendo sinaturas en contra do emprego do noso idioma nas aulas da Galiza.
Non lles chegou cos mais de seiscentos anos de represión e imposicións os que tiveron que facer fronte o noso idioma e o noso pobo. Obrigaron e queren seguir a obrigarnos a empregar un idioma que non é o noso, que nolo impuxeron grazas a prohibición do galego en tódalas áreas da vida deste pobo, dende a cultura ate as administracións. Agora nesta nova ola de fascismo español amparado polo aparato represor do estado seguen a darlle a volta a realidade da nosa Terra. Pretenden combatir o pequeno recuncho que ainda lles queda os nosos mozos e mozas para poder coñecer e practicar o idioma da sua Terra. Armados dunha gran infraestructura propagandística seguen adiante coa sua teima, aplaudida polos sectores mais reaccionarios e apoiada pola dereita e ultradereita española o seu fin non é outro que o de acabar coa principal arteria dun pobo: o idioma! Dende Augas Ceives apoiamos esta concentración o igual que outras que se sucederon nos diversos puntos da nosa xeografía nos que xa estiveron os colonizadores. Porén non debemos esquencer que a mellor formar de respostarlles é empregando o galego a tódalas horas do día, pois hai que recordar que só unha pequena porcentaxe da mocidade das grandes vilas e urbes da Galiza emprega o noso idioma a diario e en tódalas facetas da vida. Por iso agora mais ca nunca pásate ao galego! Na Galiza en galego!


Chúzao
del.icio.us
