CHOURIZO INTOCÁBEL
Os afectados foron os que sacaron á luz a fraude de Construcuatro e os propios dirixentes da empresa recoñeceron o delito. Foi o pasado xoves cando o Conselleiro Delegado e o Presidente da construtora pontevedresa aceptaron no Xulgado que cobraran sobreprezos logo da venda de pisos. Pero a este banco fáltalle un pé: o líder do PP na cidade de Pontevedra Telmo Martín, o terceiro dos socios e que curiosamente non compareceu aínda perante a Xustiza.
Esta mañá os estafados e estafadas do barrio vigués de Navia deron unha rolda de imprensa (á que a TVG acudíu puntualmente e da que ofreceu ampla cobertura...) na que voltaron erguer a voz pola impunidade do fontaneiro-político-especulador do PPdeP. Afirman que só eles achegaron probas e que a acción da Xustiza se limita a ren e pregúntanse porque o xa coñecido como recualificator de Sanxenxo non foi citado aínda.
A Xunta estabeleceu unha sación dun millón de euros e a abertura dun expediente sancionador, pero isto non debería interferir no que dite a Xustiza, que non parece disposta a ditar nada. Todo isto sabendo que os responsábeis da empresa recoñeceron ter cobrado sobreprezos que os afectados cifraron en até 30.000 €.
O manto da política permíteo todo. Logo de que o individuo este arrasara con toda a costa de Sanxenxo que lle deu tempo durante o seu mandato, "a democracia" e a impunidade déronlle a oportunidade de levar as súas prácticas a nin máis nin menos que a cidade de Pontevedra. O financiamento e o apoio económico de grandes empresarios e demáis chourizos da súa caste fixo o resto. Velaquí un exemplo do poder dos cartos nesta igualitario democracia.



Chúzao
del.icio.us
