Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A u g a s>>>C e i v e s
xornal.dixital.independente >>>>>>> >>>> >>> >>augasceives@gmail.com

2 anos na rede GaliZa antifeixista GaliZa antifeixista TRACTORADA FÓRA

22/02/2008 GMT -1

FACER FRONTE A SUA REPRESIÓN

augasceives @ 17:57

devolvelle-la.jpgSete persoas terán que respostar ante a xustiza-politizada española polo ocorrido na concentración que tivo lugar diante das dependencias das FSE en Vigo en apoio os catro compañeiros detidos polos actos que tiveron lugar o remate da manifestación nacional do 6-D. Dende a policia española denuncian a estas sete persoas por tentar romper o cordón policial e agredir física e verbalmente @s axentes alí despregad@s. Nen houbo identificacións nen incidentes, unha outra vez estamos diante dunha nova manipulación e crimanalización a que se ve exposto o movimento popular e autoorganizado do noso país.

Mais unha vez o interese por amosar a man dura dun goberno que coa chegada das eleicións bota man da represión, fai que os movimentos populares que dende a Galiza erguen a voz cada vez con un poder mais amplo de autoorganización continuen a sofrer, nesta últimas datas mais ca nunca, a súa represión. Os torturadores empregan tódolos métodos represivos que lle permiten este estado chamado democrático e no que a liberdade de expresión só é aplicábel os chiringuitos que montan dende a meseta para mostrar a cara vítimista deste estado represor. Seccións coma AVT ou “Galicia Bilingüe” poden insultar, provocar e ate agredir con tolta impunidade. Do ocorrido no acto españolista o mércores en Vigo nadie repostará. As persoas agredidadas por amosar o seu rechazo no acto a esta política lingüítica neo-fascista, foron agredidos, insultados e expulsad@s do García Barbón. Fóra @s compañeir@s que mostraban dende alí o seu rechazo tamén foron agredid@s desta vez polas FSE, e ate un dos manifestantes foi conducido declarar as dependencias policiais.

luitando-na-rua.jpg

De novo será a Galiza auto organizada a que dende a rúa defenda @s compañeir@s que foron, son e serán agredidos por dala cara polo noso pobo. Esa mesma Galiza que é combatida por traballar e artellar outra vida posíbel para a nosa Terra. A Galiza que non se queda no seu fogar criticando gobernos estatais, autonómicos ou locais sen ser quen de dar un paso adiante para tentar trocar a realidade ou  cando menos poñer contra as cordas @s gobernantes. Por iso mesmo a Galiza auto-organizada será perseguida, encarcelada e agredida porque saben que grazas a súa resistencia manténse vivo o facho da esperanza para o noso pobo, pois continua ensinando o camiño polo cal se reconstrue a nosa Terra 

venceremos.jpg

Adiante a Galiza Combatente!!! 

Comentarios non permitidos para este Post

Contactar co autor | Arquivo | ¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis