OS ESTUDANTES DA USC ESIXEN A DEMISION DA DECANA DE ECONOMICAS
A Asemblea Xeral de Estudantes esixe a dimisión inmediata da decana da Facultade de Económicas, María Teresa Cancelo, logo da súa actuación tralos incidentes do pasado 12 de febreiro con motivo da utilización da Facultade para a campaña eleitoral da dereita española en forma de conferncia-mitin de María San Gil. (na imaxe vese a Marºia San Gil e a Rosa Dºiez nun acto de boicot contra Imaz, do PNV)
Reprobábel o feito de utilizar a USC con fins políticos e detestábel a represión contra estudantes como medida de resposta ao acontecido tralo que foron os forcexeos nos que os armados chegaron até a escachar algunha porra. Mais o que aconteceu foi que varios mozos foron identificados e retidos culpabilizándoos do acontecido.A organización de estudantes esixe a fin da “caza de bruxas” que se botou a andar contra os estudantes que tan só protestaban contra a presenza dunha das caras do fascismo máis retrógrado e represivo na Universidade galega. Afirman, nun comunicado, que incluso persoas non presentes no acto se viron implicadas, o que da unha mostra da “arbitrariedade” coa que se criminaliza aos estudantes tan só por exerce a liberdade de expresión, a liberdade de rexeitar a presenza de María San Gil e toda a súa garda armada e violenta na USC.Fascistas fora da Universidade!Cancelo dimisión!


Chúzao
del.icio.us
